Nos últimos días tívose coñecemento dun borrador dunha RPT donde se dan a coñecer as 100 prazas que ocuparán de maneira provisional o persoal da Escala de Axentes Forestais que superaron as probas da última oposición.
Neste borrador, entre outras, figuran 11 prazas de Axente Territorial, nivel 18, e 22 prazas de Axente Zonal, nivel 16.
O decreto 293/1997 do 1 de outubro polo que se aproba o regulamento da Escala de Axentes Forestais ( DOG do 21 de outubro de 1997), no Capítulo II os artigos 9 e 10 respectivamente, din:
– Funcións do Axente Zonal, Coordinar, dirixir e inspeccionar as actuacións dos funcionarios da escala que desempeñen postos de traballo situados na súa zona, así como transmitirlle a aqueles as directrices que emanen dos seus superiores.
– Funcións do Axente Territorial, Coordinar, dirixir e inspeccionar os servizos que teñan que realizar os funcionarios da escala no ámbito do seu territorio, así como transmitirlle ó resto dos funcionarios da escala as instruccións e ordes de servizos que emanen dos seus superiores.
No Capítulo III, no Artigo 14-1 di: Para a provisión con carácter definitivo dos postos de axente zonal ou postos de igual nivel de complemento de destino, esixirase un mínimo de dous anos de servizos efectivos na Escala como Axente.
Artigo 14-2 di: Para a provisión con carácter definitivo dos postos de axente territorial, esixirase un mínimo de catro anos de servizos efectivos na Escala como axente zonal ou en postos de igual nivel de complemento de destino ou oito anos de servizos efectivos na escala como axente.
Como o demostran os artigos expostos anteriormente, estas prazas deberían ser cubertas por persoal con experiencia no desenvolvemento de postos de traballo da escala, xa que son postos de coordinación, dirección e inspección. A ocupación por parte de persoal de nova entrada en postos de axentes territoriais e axentes zonais fai que a estructura da escala quede desestabilizada, xa que estos postos requiren experiencia para o seu desempeño.
Por outra banda é de mencionar que a gran maioría destas prazas están cubertas neste intre por comisións de servizos, estas comisións de servizos quedarían anuladas e serían as ofertadas para ser cubertas con carácter temporal. Unha solución a este problema sería ofertar as prazas definitivas que corresponden ao persoal que está ocupando prazas en comisión de servizos quedando así os postos de maior nivel sempre cubertos por persoal de máis experiencia.