Escrito sobre a uniformidade dos Axentes forestais

 

O escrito foille enviado ós Secretarios xeráis de Medio Rural e Medio Ambiente e ós Directores xeráis de Montes e Conservación.

 

Dende a Asociación “APRAFOGA”, vémonos na obriga de manifestarlles de novo ós Directores Xerais das Consellerías de Medio Ambiente e D. S. e de Medio Rural, as inquedanzas que o colectivo da gardería está sentindo a consecuencia dos “díxomedíxome” que por ahí deambulan en relación ó uniforme do Corpo.

 

Vostedes coñecen de primeira man as suxerencias, peticións e propostas que sairon desta Asociación, tanto nas diversas reunións mantidas coma nos escritos entregados para o mesmo fin. Nas reunións inclusive comentamos que a “Uniformidade” debería ser homologada como única do Corpo/Escala dos Axentes Forestais e publicada no DOG para a súa oficialidade, de igual xeito a como se fixo coa Tarxeta Identificativa.

 

Tamén falamos sobre os escudos e distintivos, tanto para vehículos como para o uniforme, e estabamos dacordo na diferencia deles cando fixeran indicación exclusiva á Consellería.

 

En todas estas conversas, os representantes de APRAFOGA saímos coa convicción de que así se faría. Pero, quizáis por costumes históricas que parecen non cambiar nunca, preténdese supostamente, escoller o “Uniforme” de máis de 500 axentes forestais, ca opinión que den 4 ou 8 “escollidos” de xeito descoñecido inclusive por eles mesmos.

 

No mesmo senso, temos conformidade tanto de compañeiros como da Plataforma Sindical, que o exemplo de uniforme presentado pola Consellería de Medio Rural cumpre coa calidade solicitada dende esta Asociación, quedando por determinar as cores e os distintivos que porten. Sen embargo, no concernente á Consellería de Medio Ambiente e D.S. os rumores que se escoitan presaxian diferencias, descoñecemos se estas son de calidade, cantidade ou colorido. Dende a Directiva da Asociación, queremos lembrarlle que estamos á disposición de vostedes para este cometido, pois contamos con case 250 axentes que amparan as propostas presentadas ante as Consellerías, e que ademáis están colgadas na nosa páxina web https://www.aprafoga.org.

 

A esta Asociación satisfácenos a decisión de uniformar á gardería, sen dúbida coñecerán que é un dos requisitos que sinala o artigo 26.1 do noso Regulamento, así coma a obriga ó seu uso no punto 2, deixando á Consellería a competencia para a súa determinación.

 

Esta redacción sobre a determinación do uniforme tiña xustificación daquela, a día de hoxe e con vistas de futuro estamos convencidos que o máis axeitado será a homologación do uniforme para a Escala de Axentes Forestais e Medioambientais como único e propio. Sen dúbida, poderá darse o caso no concurso de traslados, que un axente de Medio Ambiente acabe nunha praza de Medio Rural, ou viceversa, como xa pasou no 2005. E tamén lles recordamos, que está en proceso a oposición de 100 aspirantes a Axente Forestal, antes de que poidan tomar eles posesión deberá resolverse un “concurso de traslados” para os funcionarios da Escala de Axentes Forestais. Daquela, chegará con sustituir un indicativo polo outro e o axente seguirá tendo uniforme para o desempeño das novas funcións.

 

Por outra banda, APRAFOGA comparte e apoia que os axentes forestais presten os seus servicios en dúas, ou máis Consellerías. Cremos que será un dos camiños a seguir para a especialización, e non condiciona en absoluto a uniformidade única do Corpo/Escala. Sen dúbida, e sobor de todo no caso de emerxencias que sinala o artigo 19, haberá traballos a realizar polas dúas Consellerías en conxunto.

 

Doutro xeito, aínda que as Consellerías exerzan as súas competencias ben separadas, e non sexa necesario realizar adscripcións temporais de persoal, a gardería estará baixo o mesmo Regulamento, cas mesmas competencias e tan so, cuns horarios e períodos extraordinarios distintos que responderán as necesidades de cada unha.

 

Sen máis, solicitarlles que teñan a ben de entender a nosa reflexión ó respecto da uniformidade da gardería. Esperamos que en pouco tempo teñamos o uniforme que sempre levamos reclamando, único e propio do Corpo/Escala de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia.

 

Reciban un cordial saúdo.

Pontevedra, maio de 2007
O PRESIDENTE.

 

 

 

Miguel García Fernández{jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies