Escrito sobre adscrición dos Axentes de Conservación

Por mor da asignación obrigatoria neste mes de Agosto de 2009 ós Distritos Forestais  de Axentes Forestais e Facultativos Medioambientais do Servizo de Conservación da Natureza para a realización das tarefas en extinción de incendios, nas que se plantexa un cambio sustantivo das condicións de traballo, e que esta asignación non está prevista na planificación da prevención e extinción de incendios forestais da Xunta de Galicia (PLADIGA 2009), a CIG-Autonómica ven de exixir por escrito, á Consellaría de Medio Rural, o seguinte:

  • Motivación pola asignación de Axentes Forestais e Facultativos Medioambientais do Servizo de Conservación da Natureza aos Distritos Forestais do Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais así como os criterios de escolla deste persoal.
  • Motivación e xustificación do cambio de funcións e tarefas destes funcionarios asignados e tempo de duración da asignación.
  • Información sobre a situación no que queda nos Servizos de Conservación da Natureza
  • Información sobre a vixencia do cadrante anual dos Axentes Forestais e Facultativos Medioambientais do Servizo Conservación da Natureza.
  • Que debido á perigosidade evidente das novas tarefas se faga urxentemente a avaliación da Saúde inicial destes traballadores despois da asignación de novas tarefas e a Avaliación de Riscos dos postos de traballo.
  • Que se proceda inmediatamente á entrega de Equipos de Protección Individual axeitados, medios e material preciso para a realización das tarefas na extinción de Incendios Forestais. Así como a formación en materia de prevención de riscos e a información sobre os procedementos de organización  e medidas preventivas para realizar as funcións coa seguridade debida. (Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais)
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies