Escrito sobre embarcacións (09-07-08)
 
 
 
 

Estimado Sr. Secretario

 

Como ben coñece vostede, APRAFOGA nestes últimos anos leva desenvolvendo parte do seu cometido coa presentación de escritos de alegacións na defensa dos intereses dos asociados, tamén en prol de todo o colectivo de Axentes (Forestais / Medioambientais), como na procura de solucións a todo tipo de requirimentos legais, que para o exercicio das nosas funcións debemos de cumprir. Igualmente expuxéronse nas reunións mantidas cos Directores Xerais, Delegados Provinciais e Secretarios Provinciais da súa e doutras Consellerías con competencias na Escala.

 

No referente á súa Consellería, presentáronse informes sobre as funcións que desempeñan, e as que deberían desempeñar os “Vixiantes” (Celadores de 2ª/Vixiantes de recursos naturais). A súa dubidosa legalidade e a suposta usurpación de funcións ó Corpo/Escala que as ten establecidas por Lei. E igualmente liñas de solución a este problema.

 

Xa con vostede como Secretario, alegamos as “Directrices” cas que pretenderon organizar os Servizos Provinciais de Conservación, e igualmente mantivemos reunións por este motivo co Director Xeral de Conservación da Natureza e con Delegados Provinciais. En todos estes encontros pretendeuse atopar o camiño de arranxo a este mal, pero tamén observamos que as Directrices so chegaron alí onde máis interesaba, e como consecuencia desto, algúns Xefes de Servizo Provinciais seguen manifestando e defendendo que os Axentes Forestais/Medioambientais e os Vixiantes de Recursos Naturais son todos iguais, referíndose á igualdade de validez legal do traballo desenvolvido (denuncias, informes, inspeccións etc).
Ademais tense constancia de que nas propostas de incoación e nas propostas de resolución de expedientes que se lle envían ós denunciados, algúns servizos xurídicos en vez de reflexar que os denunciantes son Vixiantes de Recursos Naturais di textualmente que os denunciantes son “Axentes”. Esta cuestión resúltanos bastante difícil de clasificar deixando nas súas mans a posibilidade de solución a unha situación de tanta gravidade para todos os administrados. Ademais estes mesmos servizos xurídicos fan caso omiso as alegacións que lles chegan cuestionando a capacidade de denuncia dos Vixiantes de Recursos Naturais.

 

Esta situación de usurpación das funcións atribuídas como propias ó Corpo/Escala de Axentes Forestais e/ou Medioambientais, en prol dos Celadores de 2ª/Vixiantes de Recursos Naturais (persoal laboral Grupo V), ten que rematar. A lexislación vixente non ampara a este persoal para o exercicio de determinados cometidos que se lle está consentido facer e que a propia Administración os defende co nome de Axentes Forestais.

 

A Asociación Profesional de Axentes Forestais e/ou Medioambientais non pode permitir máis que a propia Administración continúe sostendo esta duplicidade de persoal, e que por ende, os froitos das nosas reivindicacións profesionais sexan divididas e os Axentes Forestais e/ou Medioambientais os prexudicados en beneficio doutro persoal distinto e legalmente distante das nosas atribucións funcionais. Estamos a falar da selección de persoal para asistir ó curso “para a obtención do título para o manexo de embarcacións”, que tanto levamos solicitando para os Axentes Forestais/Medioambientais pertencentes a Conselleria de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

 

Pois ben, parece ser que está todo en marcha para a celebración deste cursiño. Aínda que, non se sabe nin data, nin horario, nin duración.

 

En Pontevedra xa teñen o listado feito (5 Vixiantes e 5 Axentes). En Coruña non saben nada. En Ourense corren rumores sobre a celebración do mencionado cursiño. E en Lugo teñen claro que so vai a ser para os Axentes. De tódolos xeitos, hai zonas a cargo de desembocaduras en Pontevedra das que só vai un Axente dun grupo de catro, e outras das que non vai ninguén e case todo o persoal que resultou seleccionado para o curso ten no seu poder o titulo de Patrón de Navegación Básica (PNB) ou/e o Patrón de Embarcacións de Recreo (PER). Sendo algún curso de estes pagado pola propia Conselleria de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, cando a normativa vixente permítelle gobernar embarcacións da oitava lista solicitando a oportuna autorización:

 

Disposición adicional tercera. (Orden FOM/3200/2007,de 26 outubro, BOE núm.264).
Manejo de embarcaciones de lista octava con titulaciones de recreo.
La Dirección General de la Marina Mercante, a través de las capitanías marítimas, podrá autorizar el uso de las embarcaciones de recreo al personal que preste servicios en determinados organismos, asociaciones, entidades públicas u organizaciones humanitarias, sin ánimo de lucro, para el gobierno de embarc
aciones inscritas en la lista octava cuando su finalidad tenga carácter humanitario, científico, de seguridad u otros de igual naturaleza.
Para ello, las citadas instituciones deberán solicitar la oportuna autorización y demostrar que no existe ánimo de lucro y que el personal que ejercerá el gobierno de las embarcaciones cuenta con titulación náutica suficiente para la embarcación y tipo de navegación que se pretenda.
Los periodos de embarque realizados en estas condiciones no generarán derechos a efectos de justificar periodos de embarque para obtener titulaciones profesionales.

 

Por isto, a xuízo desta Asociación, e dende un punto de vista máis obxectivo para unha maior distribución e mellor cobertura de persoal habilitado para o goberno destas embarcacións, compre o seguinte:

  • Paralizar de inmediato a suposta convocatoria posta en marcha.
  • Elaborar un listado de cantos Axentes xa teñen a titulación e así saber a súa distribución por Zona (Comarca) que teña a cargo río navegable ou desembocadura.
  • Poñer en marcha as autorizacións das que fala a Disposición Adicional Terceira citada, para os que xa teñen a titulación requirida.
  • Realizalo curso “Patrón para navegación básica ou a titulación náutica suficiente” para os que non o teñen.

 

Polo exposto, aproveitamos o presente para lembrarlles que o colectivo que esta Asociación representa quere poñer fin a esta situación de duplicidade funcional a prol do persoal laboral Grupo V (Celadores de 2ª / Vixiantes de Recursos Naturais), por entender que non se encadran dentro dos requisitos normativos da lexislación vixente para conceder veracidade ós seus manifestos, aínda que os constaten en documento público que cumpra os preceptos de lei.

 

É polo que, a asesoría xurídica de APRAFOGA estudia a presentación do correspondente recurso contencioso – administrativo ante os tribunais.

 

Atentamente
Pontevedra, 30 de xuño de 2008

O PRESIDENTE

 

 

Miguel García Fernández

 

Sr. Secretario Xeral da Conselleria de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
15781 – Santiago de Compostela{jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies