Escrito sobre impago de productividade

 

 
O escrito foille enviado hoxe ó Secretario Xeral e ó Director Xeral
 
Estimado Sr. Secretario Xeral da Conselleria de Medio Rural
 
Poñémonos en contacto con vostede para darlle conta da situación de impago da productividade que se ven producindo nalgunhas provincias.
 
Despois de recabar información e recoller as queixas que os nosos asociados nos fixeron chegar, comprobamos que o ultimo trimestre do ano 2007 non foi aboado en concepto de productividade, e nalgunhas provincias fáltalles percibir este concepto e a productividade integra pertencente o ano 2008.

 
Desde esta Asociación solicitámoslle que se abonen canto antes as cantidades adeudadas pertencentes ós anos 2007 e 2008 e que poña en marcha os mecanismos pertinentes o seu alcance para que esta situación non volva a ocorrer, xa que supón un desaxuste importante na economía dos membros da Escala de Axentes Facultativos Medioambientais e Forestais que dependen da Conselleria de Medio Rural.
 
Pontevedra 2 de decembro de 2008
Atentamente,
O Presidente de APRAFOGA.
 
 
 
 
Miguel García Fernández
 
 
 
Sr. Secretario Xeral da Conselleria de Medio Rural
Edificios Administrativos – San Caetano s/n
15704  –  Santiago de Compostela {jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies