Escrito sobre o Suzuki Jimny

 

 
Interior do JimnyAnte a adquisición por parte da Consellería do Medio Rural e a Consellería de Medio Ambiente e D. Sostible e a  recente distribución polos Distritos dos novos vehículos 4×4, (Suzuki Jimny), a Asociación Profesional de Axentes Forestais de Galicia (APRAFOGA) quere deixar claro o seguinte:
 
O citado vehículo non é, por moitas razóns que se describirán, o máis axeitado para o normal desenvolvemento do traballo diario dos axentes forestais.
O principal inconveniente é o tamaño do vehículo, de feito os adxectivos dedicados nas revistas especializadas como “mini-vehículo”, “pequeño pero juguetón”, “divertido”, “ compañero de “travesuras”, “ para disfrutar de los caminos vecinales y tramos fuera de carretera de poca difilcultad”, deixan entrever con meridiana claridade que é un coche dedicado para a xuventude, para ir á praia coa táboa de surf e para pouco máis.

 
Posiblemente, e o tempo o dirá, pasará o que  está a suceder cun dos antecesores  da mesma marca do que estamos a falar, que se mercou de xeito similar e que  hoxe está en moitos Distritos : o Suzuki Vitara. Con este modelo faleceu en 2006 un axente en Valladolid ó romper  o chasis, en Jaén detectaron dous máis co chasis agrietado, noutra provincia de Andalucía atoparon o mesmo problema en seis coches, en Asturias aconteceu outro tanto cun accidente con gravísimas consecuencias para o axente; en Ourense a un Viatara do SEPRONA rompeulle o chasis nunha pista coa vantaxe de que circulaba a pouca velocidade, non sabemos o que sucedería se a rotura se producise circulando pola estrada.
 
Neste vehículo tamén se detectaron en Galiza varios fallos moi  graves con pequenos accidentes ó circular por pistas e a pouca velocidade, que puideron ser graves de haber ocurrido na estrada a maior velocidade. O fallo é que os tornillos da barra de dirección das rodas viñeron de fábrica sen un pasador de seguridade, ó soltarse o tornillo, o vehículo  queda sen control nesa roda.
En Castilla la Mancha algún destes coches circula co chasis soldado a pesar de ser un defecto moi grave na ITV.
Outro vehículo, neste caso o Santana 300/350, similar ó Vitara, tivo varios accidentes   ó bloquearse as rodas, xa que engrana  de súpeto, a dobre tracción.
Volvendo ó Jimny, o espazo para ocupantes é moi escaso sobre todo para persoas altas, ós que en moitos casos os xeonllos dos condutores tocarán co volante e co salpicadeiro; nalgún caso xa comprobado, os xeonllos chegan a 1,5 cm. do mesmo e para  poder accionar o embrague, o muslo debe situarse tocando o volante e a porta, non é difícil imaxinar a incomodidade (ver fotografías adxuntas). (Por algo está recomendado polos especialistas para xente baixa).
 
Xa está xerado o primeiro gasto ó ser necesario unha modificación: é necesario alongar os raís de desprazamento do asento do condutor, debendo desprazarse un mínimo de 10 cm máis atrás, co que queda inutilizada a praza posterior á do condutor. Insufrible para os ocupantes das prazas traseiras. A capacidade do maleteiro é ínfima para o que é necesario levar diariamente polo usuario, dende una bolsa ou mochila con efectos persoais (roupa, calzado, casco,…) que se converte no dobre ó compartir o vehículo. Ata as imprescindibles como un cable ou slinga, machada e un sacho ou pala en caso de quedar atascado. A solución para minimizar a falta de capacidade é a retirada dos asentos traseiros.
 
Todo o nomeado anteriormente vai a influír directamente  na saúde dos usuarios. O reducido espazo, as suspensións e  a pequena distancia entre eixes van a castigar o indicible a columna, e as posturas forzadas polo espazo, as costas dos condutores habituais ata chegar a causar baixas frecuentes coa seguridade de chegar a  enfermades profesionais e situacións de risco provocadas por estes vehículos, tal e como sucedeu con anterioridade con vehículos da mesma marca e similares.
Os especialistas mencionan tamén o exceso de sobreviraxe (cando o eixe traseiro adianta o eixe dianteiro) debido á pequena distancia entre eixes.
 
Desde APRAFOGA  queremos mostrar o desacordo en canto á elección dos vehículos, en algo que redunda directamente na nosa saúde. Resulta sorprendente que tal e como se fixo para a elección da uniformidade, cunha mesa técnica para definir a mesma, non se fixese o mesmo cos vehículos, ferramenta fundamental para o traballo e, sobre todo, pola experiencia que os axentes forestais poden aportar toda clase de datos técnicos como consumos reais, avarías frecuentes e sobre todo a utilidade real, (diferenciando entre un todoterreo, un todocamiño e un vehículo de recreo).
 
Un vehículo todoterreo pode  circular por pistas forestais, con baches, surcos, pedras, por cortalumes e outros terreos difíciles porque está  preparado  de fábrica para elo, dende o chasis, suspensións, e restantes compoñentes; algo ben distinto é pretender facer o mesmo con outra categoría de coche.
 
É necesario un vehículo profesional para un traballo profesional, non un vehículo de recreo.
 
Exemplos de outras CCAA son a de Aragón que, recentemente, adquiriron os últimos Nissan Terrano que quedaban espallados por concesionarios  do Estado e máis recente a CA de Madrid que dotou o corpo de axentes forestais de vehículos  Mitsubishi  montero, rotulados ademais, cunha imaxe corporativa adecuada.
 
Polo exposto, suxírese encarecidamente que non se adquiran máis vehículos deste modelo e que para próximas renovacións da flota, se faga mediante unha mesa técnica composta por representantes da Consellería, delegados de riscos laborais dos Sindicatos e a Asociación Profesional de Axentes Forestais.
 
Todoterreo dos Axentes de MadridVehículo entregado ós  Axentes Forestais da Comunidade Autónoma de Madrid en outono de 2008.
 
Nas páxinas seguintes móstrase a través dunha reportaxe fotográfica a falla de espazo nos modelos obxeto do presente escrito.
 
Interior do JimnyInterior do Jimny
Interior do Jimny
Pontevedra, 13 de xaneiro de 2009
O Presidente de APRAFOGA
Miguel García Fernández
 
 
 
 
 
Sr. Director Xeral de Montes e Industrias Forestais
Edificios Administrativos San Caetano s/n
15704 – Santiago de Compostela
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies