Excmo. Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
SR. D. Agustín Hernández

Señor,
En relación ós manifestos  que o seu departamento emitiu ós medios de comunicación (decisións, comentarios, reflexións , presións, etc.) para xustificar o adianto da tempada de Caza menor en Galicia para este 2012 – 2013, esta Asociación vese na obriga de corrixirlle algunhas opinións e lembrarlle tamén o número de efectivos que a súa Consellería ten para a vixilancia, entre outras, da práctica da caza.

Permítanos citarlle textualmente algunhas destas opinións, comentarios, etc.:

– La Consellería de Medio Ambiente ha decidido adelantar al sábado 20 de octubre el inicio de la etapa cinegética para favorecer la participación de este colectivo, tradicionalmente conservador.
– Desde Medio Ambiente, apuntan que “se reflexionó” sobre la coincidencia de fechas y se optó por adelantar un día el período hábil para cazar.

– Así se facilitará que los cazadores ejerzan su derecho al voto y las fuerzas del orden público, básicamente la Guardia Civil, se centren solo en el tema electoral.

– Esta circunstancia generaba un problema para las fuerzas y cuerpos de seguridad del Estado, especialmente para la Guardia Civil, que en ese primer día de la campaña cinegética aumenta su presencia en el monte para controlar y apoyar al gran número de cazadores que acostumbran a participar en la cita (aproximadamente 50.000 en toda Galicia).

– El domingo, día de votación, será inhábil para cazar.  

– La Xunta rectifica de nuevo y establece el inicio de la temporada de caza para el 14

– El día de los comicios gallegos también será hábil.

– El departamento de Agustín Hernández justifica esta decisión alegando que “se trata, desde el punto de vista biológico como la fecha más adecuada, una vez que las especies ya están desarrolladas”, alega, pese a que entre las dos fechas que se barajaban solo hay una semana de diferencia.

– Medio Ambiente reconoce que mantuvo contactos con responsables de Unitega, que tambien recibió presiones de mano de los representantes de los cazadores y que también quería facilitar el derecho al voto y que se diesen las medidas de seguridad propicias.

Certamente entenderá; que toda esta chea de xustificacións, corrixindo ó día seguinte a decisión exposta o día anterior,  é cando menos, un despropósito.  
Esquecerse dos 150 Axentes forestais e medioambientais dos que dispón a Dirección Xeral de Conservación da Natureza,  como axentes da autoridade, para a vixilancia da caza, pesca, conservación, espazos naturais, biodiversidade, etc., é un desprezo. Este persoal, que levamos vixiando a práctica da caza en España dende fai máis de cen anos,  tamén estabamos no monte os días nos que a tempada comezaba o 12 de outubro.

Pero aínda é peor, poñerlle fin “legal” a todo este desbarate, coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 190, do xoves 4 de outubro do 2012) da RESOLUCIÓN pola que se modifica a data de inicio do período hábil para o exercicio da caza 2012/13, baixo a seguinte xustificación:
“En atención ás condicións biolóxicas producidas pola favorable climatoloxía rexistrada na pasada primavera e verán que propiciou un adianto no inicio da época reprodutora das especies cinexéticas,…” mantendo a súa duración ata o 6 de xaneiro do 2013.

De ser así Señor Conselleiro, o período hábil debería rematar antes do 6 de xaneiro do 2013, ou pola contra, os indicativos que APRAFOGA manexa son que estamos ante un auténtico descaste  do coello.  A menor que nos queda.

Para poñerlle  peche a esta carta, lembrarlle que xa no ano 2001 sucedeu o mesmo que agora co tema das eleccións autonómicas, daquela os comentarios na prensa foron concisos e concretos. O 29 de agosto do ano 2001, a prensa publicaba: -La Consellería de Medio Ambiente retrasará este año hasta el último domingo de octubre el comienzo de la caza menor,  una semana después de la celebración de las elecciones autonómicas, aunque seguirá permaneciendo abierta hasta el 6 de enero-.

 

Atentamente,

Pontevedra, 16 de outubro de 2012

PRESIDENTE DE APRAFOGA

 

 

 

Miguel García Fernández

 

Excmo. Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.-

 

{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies