Os pasados días 10, 11 e 12 celebrouse  na cidade de Córdoba o III Congreso Estatal de Axentes Forestais e Medioambientais.

APRAFOGA califica ao congreso de extraordinario polos seguintes motivos:

  • Pola boa organización, a pesar de ser organizado nun tempo record de dous meses.
  • Pola alta participación. Mais de 500 axentes de tódolos territorios asistiron diariamente ás seseións.
  • Pola calidade dos contidos das ponencias e mesas técnicas.

Tratáronse temas moi importantes para o colectivo.  A comunicación institucional na era dixital, a actuación dos Axentes Medioambientais nas emerxencias  do eido rural, os protocolos de actuación nas tomas de mostras e a coordinación co Instituto Nacional de Toxicoloxía, o código deontolóxico, entre outros, foron temas destacados e tratados nas ponencias do congreso. Por suposto, as medidas lexislativas en marcha, en especial o proxecto de modificación da Lei de montes que se está a tramitar no congreso, foron obxecto de análise por representantes dos partidos políticos, axentes sociais e organizacións ecoloxistas.

Representación galega. Galicia estivo ben representada no evento mediante o desprazamento de quince Axentes Facultativos Medioambientais, entre os que se atopaban representantes dos axentes sociais e da asociación profesional. Tamén participaron os representantes da Asociación portuguesa de Vixiantes da Natureza.

A necesidade de celebración dos congresos. Nun Estado tan diverso como o Español, no que as competencias en materia forestal e medioambiental están transferidas ás Comunidades Autónomas, é importante que os profesionais que se dedican á defensa do medio intercambien experiencias para mellorar a prestación dos servizos en cada territorio. Coa investigación e o avance da técnica, compre poñer os mellores medios a disposición dos funcionariorios encargados da xestión e protección do medio natural e para dar  tamén unha resposta axeitada a novas formas e métodos de agresión. De ahí a importancia de compartir as experiencias aprendidas entre tódolos Axentes Medioambientais do Estado ao través de congresos periódicos.

IMG-20150410-WA0006 IMG-20150410-WA0008

IMG-20150411-WA0003

 

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies