Falecen seis membros do servizo de extinción de incendios do Goberno de Aragón

O helicóptero sinistrado

O presidente do Goberno de Aragón, Marcelino Iglesias, decretou dous días de loito oficial na Comunidade autónoma tras o falecemento de seis traballadores ao estrelarse un helicóptero na provincia de Teruel, que ía sofocar un incendio no municipio turolense de Villel.
O loito oficial comeza ás 00.00 horas do domingo, 20 de marzo, e concluirá ás 24.00 horas do luns, 21 de marzo. Desta maneira, o Goberno de Aragón suspendeu todos os actos programados para este domingo en sinal de dó.

Así mesmo, o presidente de Aragón visitou ao único sobrevivente do accidente, Angel A.C., de 39 anos e residente en Ladruñán-Castellote, que está ingresado na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Obispo Polanco de Teruel, aínda que non se teme pola súa vida.
Todos os falecidos residían na provincia turolense, salvo o piloto, que vivía en Manresa (Barcelona). No helicóptero viaxaban o piloto, un axente de protección da natureza e cinco membros da cuadrilla helitransportada do Alcorisa.

O suceso ocorreu cara ás 13.30 h. do mediodía, entre os núcleos turolenses de Villastar e Cubla. Dirixíanse a realizar traballos de extinción nun incendio declarado entre Villel e Cascante del Río.
De momento descoñécense as causas do suceso. Cara alí dirixíronse os helicópteros do 112 de Teruel e Zaragoza. Tamén se activaron as unidades de psicólogos do Centro de Emerxencias do 112 para atender a familiares e compañeiros.

En paralelo, o operativo de extinción de incendios do Goberno de Aragón traballa na extinción do incendio ao que se dirixía a cuadrilla.
No helicóptero viaxaba unha brigada antiincendios aerotransportada que partira da base de Alcorisa (Teruel) e estrelouse no termo municipal de Villel.

Os restos do aparello foron descubertos ao redor das 14.45 h. por un helicóptero da Garda Civil que saíra na súa procura ao recibir un aviso do Departamento de Medio Ambiente do Goberno de Aragón tras perder o contacto co aparello sinistrado, segundo fontes do Instituto Armado.
O único sobrevivente do helicóptero sinistrado é membro da cuadrilla helitransportada con base en Alcorisa e non se teme pola súa vida. Está ingresado na UCI do Hospital Obispo Polanco de Teruel e sofre varios traumatismos.
O resto de ocupantes do helicóptero eran un piloto, un axente de protección da natureza e catro membros da cuadrilla helitransportada do Alcorisa, todos eles falecidos e cuxos corpos acaban de ser excarcerados e trasladados ao depósito de cadáveres do cemiterio de Teruel.

Javier Artajo, director xeral de Interior do Goberno de Aragón, explicou que xa están trasladados os cadáveres rescatados até o depósito de Teruel.
Por outra banda, dixo que se descoñecen as causas do sinistro, que se produciu ao redor das 13.30 h., e que na última comunicación que tiveron co aparello comunicáronlles que xa vían a columna de fume do incendio que ían apagar.

Artajo destacou que nestes momentos “non hai ningunha hipótese” sobre as causas do accidente e confirmou que as condicións meteorolóxicas eran boas. “Non sabemos con seguridade” o que pasou, recoñeceu.
Segundo afirman desde o Goberno de Aragón, “o piloto do helicóptero estrelado tiña ampla experiencia en extinción de incendios, con máis 1.600 horas de voo”.

O director Xeral de Protección Forestal, Alberto Contreras, indicou que o sobrevivente é un dos bombeiros, e que as vítimas son catro dos seus compañeiros, o piloto do helicóptero e un axente de protección da natureza que lles acompañaba.
Nestes momentos, dous helicópteros, dous hidroavións, camións cisterna e outros vehículos, xuntos a varias brigadas de terra, traballan na extinción do lume que queimou entre 80 e 90 hectáreas.

Alberto Contreras indicou que esperan ter controlado totalmente o incendio esta noite.

Até Teruel trasladouse o presidente do Goberno de Aragón, Marcelino Iglesias, quen recibiu as condolencias dos Reis de España, dos Príncipes e do presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero.
Iglesias suspendeu a súa axenda oficial e atópase en Teruel para dar o pésame ás familias das vítimas e visitar ao único sobrevivente deste sinistro, que está ingresado no hospital Obispo Polanco con fracturas, aínda que non se teme pola súa vida.

Este é o accidente máis grave protagonizado por unha brigada antiincendios en Aragón, onde conta con varios aparellos para combater os incendios forestais.

 

{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies