Fallo na tramitación das licenzas de caza
Oct 11, 2008 | 2008, Novas
Fallo informático na tramitación das licenzas de caza
Un fallo informático impide renovar a tempo o permiso de caza para a nova tempada
A Consellería de Medio Ambiente permitirá ós cazadores de forma excepcional e temporal poder desenvolver a súa actividade coa última licenza en vigor, aínda que deberán levar consigo o recibo bancario que xustifique o pago das taxas de expedición da nova licenza. Esta medida inusual, que o martes será publicada mediante unha resolución no Diario Oficial de Galicia, adoptouse por mor dun problema técnico entre os equipos informáticos das entidades bancarias e da Xunta que imposibilita a expedición das autorizacións. «Dada a proximidade da apertura da tempada de caza -explica a consellería- permitirase a caza cos últimos permisos concedidos ata o restablecemento da expedición normal».