Firefor 2008
Do 24 ó 26 de outubro de 2008 – Parque de Exposicións de Braga, Portugal
Do 24 ó 26 de outubro próximo, expositores relacionados cos 21 sectores que comprende este SALÓN , único no mundo na súa temática principal, presentarán as súas novidades ós numerosos visitantes profesionais pertencentes a Corpos de Bombeiros, Protección Civil e Urxencias, Brigadas de Prevención e Extinción de Incendios Forestais, Organismos Gobernamentais e Municipais, así como propietarios de montes, profesionais e empresarios do sector forestal, exportadores e importadores de máquinas e equipos, investigadores, etc. que, procedentes de máis de 30 países, daranse cita en FIREFOR/2008.
Da súa organización ocúpanse expertos en Feiras agrícolas e forestais de varios países, co apoio técnico do Parque de Exposicións de Braga e baixo os auspicios de máis de 50 Organismos, Entidades e colectivos profesionais de ámbito nacional, internacional e supranacional.
Ademais da especial atención que FIREFOR adica á prevención e loita contra incendios forestais, o seu contido e xornadas técnicas, demostracións de máquinas e equipos, etc. están amplamente dirixidos á protección e seguridade de cantos interveñen neles e tamén ós membros de brigadas forestais, repoboación, industria madeireira, etc. onde se rexistran igualmente numerosos accidentes laborais.
Como NOVIDADES que ofrecerá a próxima edición de FIREFOR/2008 destacan o protagonismo de Grecia, país especialmente convidado, así como os outros 23 da área mediterránea, que estarán presentes no Certame, tanto con produtos e servizos como expositores, e intervindo os seus expertos no Programa de Foros, Conferencias e Simposios, informando dos seus avances en materia de prevención, loita contra incendios e rexeneración de zonas afectadas polos mesmos.
Tamén, vai ser convocado un Concurso de Artigos de Prensa, Radio e TV., sobre os Incendios forestais e a súa repercusión no cambio climático e un Proxecto Europeo – Mediterráneo sobre rexeneración de zonas afectadas polos mesmos.
A visita de compradores estranxeiros vai a potenciar a exportación dos produtos expostos, para o que os expositores recibirán a adecuada información sobre marketing feiral e cómo facer máis rendible a súa participación en FIREFOR.
Destaca, tamén, entre as novidades, as demostracións de maquinaria, equipos e produtos, a cargo dos expositores e o Concurso de Novidades Técnicas.