Obra denunciada

A FISCALÍA DE MEDIO AMBIENTE DE PONTEVEDRA QUERÉLASE CONTRA UNHA EMPRESA HIDROELÉCTRICA COMO CONSECUENCA DUNHA DILIXENCIA PRESENTADA POR AXENTES F. MEDIOAMBIENTAIS.

 

Axentes Facultativos Medioambientais, adscritos ó Servizo de Conservación da Natureza no Distrito Forestal XVII Condado-Paradanta, presentaron no ano 2012 dilixencias ante a Fiscalía Provincial de Medio Ambiente contra os responsables da empresa hidroeléctrica Engasa (Energía de Galicia S.A) por un presunto delicto contra a ordenación do territorio e ó medio natural como consecuencia dunhas obras levadas a cabo no cauce do Rio Tea, o seu paso polo Concello de Covelo.

Dita minicentral atópase situada dentro dunha zona incluida na Rede Natura 2000, mais concretamente no L.I.C. RIO TEA e as actuacións que a empresa en cuestión realizou consistiron na construcción dun muro de 113 metros de loxitude, dos cuais 70’50 metros invaden o cauce do rio Tea, nun ancho que vai, entre os 4’5 e os 7 metros. Asemade, como consecuencia das obras procedeuse á corta a matarrasa da vexetación de ribeira existente na zona.

As dilixencias presentadas polos axentes medioambientais, sosteñen que os traballos levaronse a cabo, por parte da empresa, sen estar en posesión das correspondentes autorizacións para a realización das mesmas dentro dun espacio natural protexido, que entre outros aspectos, é de especial importancia para o salmón atlántico.

Autorización

A confederación Hidrográfica do Miño-Sil ampliou a concesión á empresa denunciada para o aproveitamento eléctrico de ata 6000 litros por segundo co conseguinte proxecto de construcción.

Unha das condicións que se establecían dentro deste permiso era que ningunha das actuacións afectarían ó lugar de importancia comunitaria do Rio Tea nen ó seu habitat prioritario. Para elo, o proxecto constructivo contaría co informe favorable da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente Territoria e Infraestruturas.

Según a Fiscalía non se cumpliron estos requisitos e na sua querela solicitou a paralización das obras, a suspensión do uso do construido y o precinto das instalacions.

O mesmo tempo, solicitou sendos informes de tasación á Axencia Galega de Protección da Legalidade Urbanística, así como ó Servizo de Conservación da Natureza para a realización dun presuposto de demolición da construcción, así como a súa posterior reposición do terreo ó seu estado orixinal.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/10/21/fiscal-denuncia-empresa-levantar-muro-tea/0003_201310V21C2991.htm

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies