Fondo de acción social 2009
Persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia
No DOG nº. 6 do martes día 12 de xaneiro de 2010, publícase a resolución da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fixa o procedemento, ámbito de aplicación, lugar e prazo de presentación de solicitudes, así como os criterios de repartición para a concesión de axudas do fondo de acción social do ano 2009.
Desde o mesmo día da publicación, os interesados poderán completar en liña as solicitudes que como formulario electrónico atoparán aquí.
Prazo de presentación de instancias:
O prazo para cubrir na web as solicitudes e para presentalas ante as unidades de persoal unha vez impresas, comezará o día de publicación desta resolución e rematará o 26 de febreiro de 2010.
Tipos de axudas e contías mínimas:
- Axuda á xubilación: 3.500 euros.
- Axuda para atención aos discapacitados: 1.300 euros.
- Axuda por fillos menores: 150 euros.
- Axuda para estudos por fillos: 70 euros.
- Axuda para estudos do traballador: 200 euros.
- Axuda por adquisición de vivenda: 1.532 euros.
- Axuda de maiores a cargo: 200 euros.
- Axuda por gastos sanitarios: 50 euros para tratamentos e próteses e 50 euros para adquisición de produtos de alimentación.
{xtypo_feed}CC. OO. Sector da Administración Autonómica{/xtypo_feed}
{jcomments on}