Galicia recupera a fervenza do Xallas suprimida na era Fraga

Fervenza do Ézaro

Adega censura a “escandalosa condescendencia” da Xunta coas “desfeitas” da empresa

O martes pasado o Xallas volveu ter fervenza de novo. Segundo informou Adega, a Xunta “non tivo máis remedio que obrigar a Ferroatlántica a devolver o caudal ecolóxico ao río”, debido á denuncia iniciada por EMS-Ríos con Vida a finais do ano pasado ante a Fiscalía, na que alertaba da “sobreexplotación” e da “desfiguración” do río polas catro grandes presas hidroeléctricas da empresa de Villar Mir. “Volveron soltar o caudal, aínda que polo momento non hai sentenza”, explicou onte Mark Adkinson, o presidente de Ríos Con Vida en Galicia.

A pesares de que non hai sentencia, o certo é que Ferrovial soltou o caudal ecolóxico no Xallas, o 10% da canle normal. A compañía ten reiterado que cumpre “escrupulosamente” a lexislación, por iso a noticia foi interpretada como un síntoma do seu “temor ante a xustiza” segundo fontes relacionadas co caso.

“Ferroatlántica leva incumprindo sistematicamente co caudal do Xallas durante 25 anos. Era un insulto que só deixara fluír ao río en verán e en Semana Santa, para goce dos turistas”, sinalou Fins Eirexas, presidente de Adega. “A desfeita das novas minicentrais autorizouse na era Fraga, que borrou a fervenza; despois mantivéronse co bipartito e agora a Xunta pretende renovarlle a Ferrovial a concesión”, engadiu Eirexas, que cre que “ante as sospeitas de ilegalidade debería decretarse a súa caducidade”. Así denunciou a “escandalosa condescendencia” da Xunta coa empresa, que chegou a autorizar novos aproveitamentos.

Para Eirexas, o obxectivo final debe ser “restituír o río ao seu estado orixinal”, o que suporía “destruír todas as centrais” do Xallas. “Como cuantificar o lucro cesante que para Galicia tivo o secuestro da fervenza do Ézaro durante 25 anos?”, sinalou Adega nun comunicado.

 

{xtypo_feed}Xornal.com{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies