Homenaxe ás vítimas do incendio forestal de La Riba de Saelices,Güadalaxara, 22 de abril de 2006
HOMENAXE NO COGOLLUDO O 22 DE ABRIL DE 2006 DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE AXENTES FORESTÁIS E MEDIOAMBIENTÁIS ÁS 11 VÍCTIMAS DO INCENDIO FORESTAL DE “LOS CASARES, LA RIBA DE SAELICES, GUADALAJARA” OCURRIDO O 17 DE XULLO DE 2005.
Os Axentes Forestáis con Nº. de identificación 0149, 0184, 0066 e 0005 pertencentes ás Consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural, o pasado 22 de abril asistimos á homenaxe celebrada no lugar de “El Cogolludo” en memoria dos 11 falecidos no incendio forestal ocurrido o 17 de xullo de 2005 no lugar de “Los Casares”, Ayuntamiento de La Riba de Saelices, provincia de Guadalajara, dos cales;
Axentes Forestáis
Pedro Almansilla Fuero e Alberto Cemillán Jadraque.
Membros do Retén.
Jesús Ángel Jubrías Navarro, Mercedes Vives Parra, Julio Ramos Ballano, José Ródenas Parra, Manuel Manteca Hernández, Luis Solano Montesinos, Marcos Martínez García, Jorge César Martínez Villaverde e Sergio Casado Iritia.
Asistíu representación da corporación municipal do concello do Cogolludo e dos Axentes Forestáis e Mediambientáis das seguintes:
COMUNIDADES AUTÓNOMAS
Xunta de Galicia
Generalitat de Catalunya
Comunidad Valenciana
Junta de Andalucía
Junta de Castilla e León
Junta de Castilla la Mancha
Comunidad de Cantabria
Comunidad de Murcia
Comunidad de Aragón
A homenaxe consistíu na celebración dunha misa na igrexa do Cogolludo, lectura dunhas palabras por familiares das víctimas, do presidente da AEAFMA en recordo ós falecidos, colocación de flores, descubrimento dunha placa tamén en nome das víctimas e plantación de árbores no Parque Municipal Mariano Colmenar, catro Abies pinsapo plantados polos familiares e Axentes Forestáis da Junta de Andalucía e un Acibro plantado polos Axentes Forestáis da Xunta de Galicia e tamén familiares dos falecidos.
En nome da Asociación Profesional de Axentes Forestáis de Galicia (APRAFOGA) queremos agradecer tanto á Consellería de Medio Ambiente como á Consellería do Medio Rural o trato dispensado para facilitar a presencia nesta homenaxe, pois é obriga de todos recoñecer ás víctimas, apoiar ás familias, lembrar e tomar conciencia do gravísimo problema dos incendios forestáis.
O Presidente de APRAFOGA
Miguel García Fernández
Sr. Director Xeral de Conservación da Natureza.
Santiago de Compostela.{jcomments off}