Homenaxe ós Axentes Forestais Manuel Fernández Trigo e Antonio Lorenzo Lorenzo

Os compañeiros na pedra que porta a placa homenaxe

Organizado pola Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Coruxo – Vigo e compañeiros do Distrito Forestal XVIII, o venres 18 de marzo celebrouse un acto de homenaxe en recordo dos Axentes Forestais falecidos Manuel Fernández Trigo (Mougás – Oia – Pontevedra 1955/2006) e Antonio Lorenzo Lorenzo (Chipiona – Cádiz 1960/Peitieiros – Gondomar – Pontevedra 2010).

Ó mesmo asistiron as súas familias, representantes das Consellerías de Medio Rural e de Medio Ambiente, tamén un nutrido grupo de Axentes Forestais de toda Galicia, colexios, membros do sector e entidades sociais de Vigo.

Neste encontro emotivo, acompañados pola solemne interpretación do grupo de gaitas “Zurrumaia” de Saiáns, inauguramos un monolito cunha placa In Memorian, en sinal de recoñecemento ó desempeño profesional e humano dos nosos compañeiros Trigo e Antonio que reza así:

“Axentes Forestais. Fuste común, cerna e arraigo. Grazas á sementeira das vosas mans unidas que lle deron valor á terra.  O monte é vida. Ó abrigo destas árbores permanecedes connosco.
Saúde e Terra.

Comunidade de Montes de Coruxo e compañeiros. Vigo – 18 de marzo 2011”.

Despóis de amplas expresións de cariño e recordos, as súas respectivas fillas transmitíronos o sentir das familias con profundas palabras que nos encheron a todos de emoción. Nenos e nenas dos colexios, guiados por Axentes Forestais, abrigaron a placa cunha plantación de olivos, sobreiras, carballos, érbedo e romeu.

A continuación, na sede da Comunidade de Montes de Coruxo, os escolares representaron unha sabia mostra de expresión didáctica cunha obra teatral e outras actividades, en defensa dos valores do noso entorno natural.
O noso agradecimento a todos e a todas que dan luz e valor ó arco da vella que ilumina os nosos montes.

Luís Henrique Martín Uriarte
Axente territorial medioambiental. Distrito Forestal XVIII – Vigo, Baixo Miño.
Fotos: Jesús de la Fuente e Javier Magdalena.

 

As donas de Trigo (Loli) e Antonio (Ángeles), reciben un agasallo de Antonio Docampo (Pte. da CMMC)

As donas de Trigo (Loli) e Antonio (Ángeles), reciben un agasallo de Antonio Docampo (Pte. da CMMC)

 

As fillas de Trigo e Antonio len un manifesto

As fillas de Trigo e Antonio len un manifesto

 

Placa conmemorativa

Placa conmemorativa

 

{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies