Modificacións propostas ó proxecto de Orde pola que se regula a identificación dos Axentes Forestáis de Galicia

 

Art. 2.2º, inciso segundo.- MENCIÓNS DO REVERSO DA TARXETA IDENTIFICATIVA.

Consideramos que transcribir integramente fragmentos de corpos legais (neste caso a D.A. 3ª da Lei 9/2001 e o art. 3.2 do Decreto 293/97) poden presenta-lo problema de que, no caso de modificación ou derogación por sustitución da norma, as mencións non correspondan co articulado da lei en vigor, obrigando ó cambio de tódolos documentos. Dado que pese a que a norma poida cambiar, o certo é que o contido material dos artigos citados ten visos de permanencia, polo que propoñemos a substitución da cita legal por unha mención xenérica: “Conforme á lexislación vixente, o Axente Forestal titular da presente identificación, no exercicio das súas funcións, ten a consideración de axente da autoridade, con tódolos efectos que a elo aparella o ordeamento xurídico”.

Art. 2.3º.-COMPOSICIÓN DO NÚMERO IDENTIFICATIVO DO AXENTE FORESTAL.

Consideramos que o número de documento nacional de identidade debe excluirse da tarxeta e placa acreditativa. A inclusión do número do DNI, ben por sí só, ben formando parte doutro número identificativo calquera pero do que se poida individualizar por simple dedución (como é o caso previsto na orde: clave do Distrito seguida do DNI), pode facilitar datos excesivos sobre o axente, permitindo a obtención a partir deles de información que poida ser usada de modo torticeiro como represalia polo exercicio das súas funcións.

Á súa vez, o establece-lo número identificativo a partir do código do Distrito atopámonos co problema de que, con cada traslado, téñase que cambia-la identificación e número do axente. Se ben isto está xa previsto na norma, creemos máis axeitado o atribuir a cada axente forestal un número único e permanente, que non o vincule nin con un concreto Distrito nin co seu DNI, e que se manteña constante ó longo de toda a atividade do axente.

Propoñemos, en consecuencia, suprimi-lo inciso último do parágrafo terceiro do artigo dous da orde (“que se compoñerá da clave do Distrito seguida do número do documento nacional de identidade”), e que o número identificativo do axente sexa un número único e permanente, que se manteña constante ó longo de toda a prestación de servizos do axente como tal, con independencia do concreto posto de traballo e sen que permita vinculalo co DNI do seu titular.

Art. 2.3º.- SOBRE O FORMATO DA PLACA IDENTIFICATIVA.

A placa acreditativa suponse que será acompañante da tarxeta identificativa, polo que deberanse amosar conxuntamente ámbalas dúas e portarse dentro dunha carteira para o efecto na que nun lado da mesma se vexa a tarxeta e no outro a placa. A facilidade de atopar carteiras portaidentificacións co espazo da placa en forma ovalada fai que nos inclinemos cara unha placa co mesmo formato, é dicir, ovalada estandar. Doutro xeito conseguir unha carteira onde poder levar a placa do formato proposto no borrador sería máis custoso e dificil no caso de ter que repoñe-las mesmas por deterioro ou outras causas.

Sobre os uniformes remitiremos un dosier específico. Sinalar neste punto que menciona-lo uniforme na Orde de xeito tan pouco definido non parece ter moito sentido, pois aporta pouco con relación á normativa xa existente (Decreto 293/1997, do 1 de outubro, polo que se aproba o regulamento da escala de axentes forestais).
 
{jcomments off} 
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies