II Encontro sobre o lobo galego
O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia – CEIDA – e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia – Adega – organizan o II Encontro sobre o lobo galego.
No encontro, que terá lugar o 8 de novembro no Castelo de Santa Cruz – Oleiros, reflexionarase sobre a situación do lobo en Galicia, Portugal e Asturias dende a visión dos expertos, dos políticos e dos sectores afectados pola especie, tales como os gandeiros e os cazadores.
O día 9 de novembro farase unha visita á Serra do Leboreiro, en Bande-Ourense co fin de observar os foxos de lobo.