Informa xuntanza Axentes forestais
Despois da convocatoria feita por UGT, CCOO, CIG e CSIF, tivo lugar en Santigo unha multitudinaria reunión de axentes forestais.
Nesta xuntanza, logo da intervención dos compañeiros/as e quixeron, consensuamos uns obxectivos prioritarios e comúns a acadar:
- Negociación dun novo acordo de condicións de traballo, para axentes foretais e axentes facultativos medioambientais.
- Remate da integración no grupo C, tanto o proceso que está en marcha como a convocatoria dos seguintes.
- Regulamento para axentes forestais e axentes facultativos medioambientais
- Cobertura de vacantes, e baixas de longa duración
- Axentes de conservación: regulación para á asignación a incendios, vestiario, competencias…
- Credenciais para todos
- Recoñecemento social e profesional
- Inclusión dos axentes forestais na Lei de montes
Para levar isto a cabo se decidiron as seguintes medidas a tomar:
- Interpoñer todos de xeito particular recurso de alzada pola prolongación ilegal das gardas
- Facer unha nota de prensa na que se deixe de manifesto o descoñecemento que o Conselleiro amosou no Parlamento do noso colectivo e pedir por isto a súa demisión ou retificación.
- Facer unha concentración en Santiago diante de Consellería de Medio Rural en San Lázaro.
En resposta a todo isto, e mentres estabamos nesta xuntanza a Consellería de Medio Rural sacou unha nota de prensa dando contestación a parte destas cuestións, falando de diálogo aberto e decíndo que se reuníu con traballadores de axentes de Ourense. Non sabemos moi ben a qué fan referencia con eso de “diálogo aberto”…con quen?. Debemos informar ao Conselleiro de que os únicos interlocutores válidos son os representates dos traballadores, elixidos democráticamente, e non aceptamos que o Conselleiro faga uso interesado dunhas conversas informais cun grupo de traballadores, dicindo que mantén un “dialogo aberto co colectivo”, isto non é certo.
Por outra banda e mentres estabamos na asamblea, o director xeral de Función Pública, na Mesa Xeral extraodinaria que se estaba a realizar na EGAP, informou de que nesta semana se publicará o proceso de integración de axentes.
José Vázquez González
Sº Nacional Sector Autonómica de UGT-FSP de Galicia
{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}