Intento de fuxida
Persoa que non leva identificación: Deberá acompañar ós axentes actuantes, si se nega, trátase de infracción penal de desobediencia, polo que poderá ser detido ou deberá agardar a que veña uncorpo de seguridade.
Resto de supostos
* Persoa que se nega a ser identificado.
* Persoa que se nega a entregar efectos que deben ser decomisados.
* Persoa que se nega ó rexistro do vehículo.
* Persoa que se nega ó rexistro superficial da roupa ou de bolsas.
1. Hai que insistir nas ordes claras e enérxicas de que ten a obriga de quedarse alí ata a chegada do corpo de seguridade e posterior aclaración dos feitos. Si a pesar de todo marchase, débese tentar impedila fuxida, sexa situando o vehículo patrulla de forma que non poida retiralo seu, sexa impedindo fisicamente a súa marcha do lugar.
2. Considérase que a detención por infracción administrativa ou por falta penal (non delicto) procede no caso de que negándose a identificarse e a acompañar os axentes a comisaría, o cidadán queira fuxir, sin dar datos suficientes para a súa identificación. Polo tanto, nestes casos, si hai posibilidades débese practicala detención.
3. Neste caso, a detención consiste en reter á persoa no lugar ata a chegada do corpo de seguridade, dicirlle que está detido e o motivo da súa detención (non é necesaria a lectura completa do seus dereitos, pero é mellor facelo, si non o facemos xa llelos lerá o corpo de seguridade cando chegue ou cando sexa trasladado a comisaría).
Tamén se pode trasladar ó detido ata as dependencias da policía dentro do vehículo patrulla. Farase sempre coas axeitadas medidas de seguridade tanto para o detido coma para os axentes actuantes.
No principio de proporcionalidade, pártese de que a actuación dos axentes débese axustar á actitude, máis ou menos obstaculizadora, do cidadán. Polo tanto, non é procedente a detención dunha persoa que, sin ter sospeitas de que cometeu unha infracción administrativa ou penal, négase a ser identificado, pero sí sería procedente si, a continuación, chega a unha escala de tensión, insultando ou agredindo ós axentes actuantes, ou ben si hai sospeitas de que cometeu algunha infracción e négase a ser identificado.