Intervención da CIG no Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (21-11-2008)

 

Alegacións ó ACTA Nº1:
Por parte da CIG pidese que as intervencións non saian cortadas e o comentario veña coa xustificación exposta. Polo que:
Punto 2º onde di: “a CIG non pode pronunciarse hoxe” debe completarse coa xustificación exposta quedando: “A CIG non pode pronunciarse hoxe xa que o non ter a documentación por adiantado non nos foi posible estudala”.

 

Consideración do Regulamento do comité:
É un regulamento básico e adaptado a norma que consideramos  válido (ainda que botamos de menos unha norma e regulamentos mais ambiciosos que comprometan máis a administración a tomar medidas cara a protección da saúde  dos traballadores e traballadores da admón pública galega)

 

Informe de Centros
E preciso revisar ós centros un por un analizando o seu plan de acción. Como hai moitos centros propomos agrupalos, mellor polos que teñen similitude de funcións e como consecuencia riscos. Como exemplo podense revisar laboratorios xuntos, centros de recuperación de fauna xuntos, refuxios xuntos, centros ictioxénicos que se poden agrupar cosas piscifactorías…Como non coñecemos o volumen dos Plans que sexa o/a técnico/a responsable deses plans que sexa o que propoña o numero de centros a revisar cada día.
Lóxicamente esta tarefa debese facer en sesións extraordinarias do comité de seguridade e saúde.
Precisamos os plans dos centros por escrito o antes posible para poder estudalos.
 O distrito forestal XII depende do Comité de incendios da consellería de medio rural, vamos a avalialo nós ou lle pediremos ao comité de incendios que nos informe do risco? Propomos que se solicite a medio rural os plans de acción dos centros onde hai traballadores da CMADS (distritos forestais e oficinas comarcais)
Augas de Galicia é un organismo autónomo, é competente este CSS para avaliar os seus riscos?

Manual para os traballadores de conservación da natureza
Vamos a facer unha valoración xeral polo escaso tempo que se nos deu para estudalo xa que recibimo-la documentación uns dias antes.
En primeiro lugar pola súa extensión, 91 páxinas, e pola sua estructura na que aparecen actividades e riscos todo seguido e sen parar dende a terceira ata a ultima páxina non fan que este texto se poda considerar un “manual” sinon mais ven un “tocho” que non hai quen lea.
Comeza o manual apuntando que con este manual dase cumprimento a esixencia da lei 31/95 de Prevención de Riscos Laborais que di que o empresario garanta que cada traballador reciba unha formación en materia preventiva centrada no seu posto de traballo. Con este manual pretendese cubrir por parte desta consellería a formación dos seus traballadores/as?
Supomos que para facer este manual se fixo unha avaliación previa dos riscos. Como non aparecen avaliados os distritos ambientais aos que estan adscritos unha grande  parte dos axentes forestais/facultativos medioambientais e vixiantes fluviais e dos RRNN. Necesitamos saber como se fixo e si se fixo avaliación coñecela.  Necesitamos a avaliación asi poderemos valorar si o manual cubre a prevención dos riscos no posto de traballo. Ademais é preciso saber a que traballadores/as vai dirixido este manual xa que non se especifica.
En xeral, pode que falten riscos derivados da manipulación e control do armamento xa sexa o utilizado polos axentes que posúen ou  o empregado polos cazadores. O risco de ameaza, coacción e agresións no persoal que ten labores de vixiancia e custodia do medio natural ou que no exercicio das suas funcións habituais inspectoras carecen da protección que lles da o centro de traballo como local físico.
Na descripción das “condicións de traballo”, na páxina 5 e logo na 54, di: “Riscos específicos das mulleres”. Pedimos que se retire inmediatamente ese texto xa que as mulleres non supoñen un risco e en todo caso habería que por “riscos das persoas especialmente sensibles” de ahí poden sair embarazo e lactancia, persoas con minusvalías ou enfermidades que os poden facer sensibles a determinadas actividades ou condicións ambientais (asma, problemas cardiovasculares..).
Tamén na pax 54, as palabras “evitar a manipulación” ou “ter en conta o esforzo” en cargas pesadas das embarazadas ten que desaparecer. Prohibese a embarazada levantar cargas pesadas, é evidente o risco, o mesmo pasa en “evitar o uso e manipulación de productos tóxicos”, “evitar exposición a monóxido de carbono”… é evidente que se ten que prohibir non “evitar”. Quere decir que unha embarazada ten que estar esquivando os riscos?. A empresa tomará as medidas para que a traballadora non este en contacto con eles e ademais prohibirá a traballadora coller cargas pesadas, utilizar maquinaria que xenere vibracións e ter contacto con tóxicos. No  caso dos tóxicos  é ampliable as mulleres que estan a realizar a lactación, pero tamen aos homes e mulleres en edade fértil e as persoas asmáticas ou con problemas respiratorios ou de dermatose….E digo homes e mulleres porque no manual refirese unicamente a elas, coma se eles non lles afectasen ós tóxicos a súa fertilidade..
As palabra evitar non aparece unicamente neste apartado sinon que é utilizado reiteradamente pola autora, tamen “hai que evitar as picaduras e mordeduras de insectos” e o “contacto con tecidos e líquidos orgánicos de animais” (pax 33),  “evitar andar en campos con abundantes flores” (pax 31), nos aparellos de pesca eléctrica debe “evitarse facer arranxos provisionais” (pax 29), “evitar subir ás árbores nos desprazamentos a pe” (pax 7)
Ademais ambundan outras verbas coma procurarase, se é posible, recomendase…Verbas que hai que mudar por imperativos, diferenciando asi o que poden ser recomendacións do que son obrigas do traballador ou traballadora co obxecto de minimizar  riscos. Coma exemplo:
“Recomendase o emprego de calzado que non esbare cando se transita a pe  e haxa perigo de caída dende muros, rochas, desniveis…”(pax 7)Si hai perigo de caida, non hai que achegarse e evidentemente para transitar polo monte hai que obrigatoriamente usar calzado axeitado con soa que non esbare, co nocello reforzado, impermeables e transpirables.
No primeiro parágrafo da pax 8 onde di que no desprazamento a pe en lugares con moita maleza, onde se teñla que pasar por debaixo das polas das árbores e haxa peligro de que caian, asi como as piñas…levar posto un casco de protección. Como se fai esto, si vas andando un dia de verán e pasas por debaixo dun piñeiro, por exemplo, voltas ao coche colles o casco? Non ten sentido. É un manual que intenta ser moi descriptivo pero é pouco útil xa que hai cuestión que na practica son inviables, e  faltan outras normas básicas mais xerais e sinxelas que se poden aplicar a tódolos traballadores.
O traballador ten a obriga de realizar o mantemento diario do vehiculo pero non ten responsabilidade en que teña a ITV pasada ou os asentos ergonómicos. Esa parte do manual é para a consellería.
Tamén no apartado de vehículos di que cando se conduce esta prohibido beber ou drogarse, evidentemente no traballo esta prohibido beber ou drogarse ou estar en estado de embriaguez ou drogado, sexa cal sexa a actividade que se realice porque é un risco para a saúde propia e aumenta o risco de accidente dos compañeiros/as. Esta prohibición non aparece nos outros apartados.
Cuestións organizativas como traballar so non poden ser obxecto de procurarase, evitarase..A conselleria organizará aos traballadores de tal forma que teñan que ir acompañados a realizar todas estas tarefas e ademais
prohibirase ao traballador que as faga so. Os avisos a central para indicar a situación son inviables xa que polo de agora descoñecemo-la existencia de tal central. E, na maioría dos casos, o que traballa de noite so/soa ou con compañeiro/a esta so a bastantes quilómetros o redor e carece de teléfono de chamadas ou aviso. Enton que ven primeiro a central ou  a chamada? Este punto tamen e para o manual da administración ou empresa.
O traballador ou traballadora que traballa en bacías fluviais ten que obrigatoriamnete saber nada e ter coñecemento de salvamento enton   a consellería ten que proporcionar a formación. Como si o fan outras administracións na Galiza xa que na academia galega de seguridade que esta na Estrada ten realizado cursos destas características para os corpos e forzas de seguridade.
“Prohíbese realizar reparacións provisionais en aparellos eléctricos” ou poríamos: hai que revisar o estado dos aparellos eléctricos antes de sair. E sobre a maquinaria en xeral esta prohibido facer reparacións  provisionais.
Dada a inmensidade de alegacións a este manual dende a CIG propomos a sua retirada.  É posible que sexan máis efectivos manuais independentes de cada tarefa ou grupo de tarefas e, por suposto, de forma independente, o de primeiros auxilios. Ademais este último ten que ser revisado por un profesional na materia si non foi. Estes manuais teñen que vir acompañados de xornadas de formación específicas e impartidas a tódolos traballadores.
Reiteramos o escaso tempo e que estes son comentarios xerais a un texto de 91 páxinas  polo que precisariamos dunha convocatoria extraordinaria para estudalo mais polo miúdo e presentar as proposta  e alegacións da CIG.
A CIG non acepta este documento tal como esta e propon unha revisión completa do texto.

 
 
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2008
 
 
Confederación Intersindical Galega{jcomments off}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies