Listaxe definitiva de admitidos da promoción ó Grupo C

 

Resolución do 9 de novembro de 2009, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para a promoción á escala de axentes facultativos ambientais de administración da Xunta de Galicia, dos funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, escala de axentes forestais.

 

En virtude da Resolución do 14 de outubro de 2009, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 205, do 20 de outubro, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para a promoción á escala de axentes facultativos ambientais de administración da Xunta de Galicia, dos funcionarios/ as do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, escala de axentes forestais.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas sobre as ditas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 25 de xuño de 2009, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 126, do 30 de xuño, esta dirección xeral

 

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para para a promoción á escala de axentes facultativos ambientais de administración da Xunta de Galicia, dos funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, escala de axentes forestais.

Nestas listaxes definitivas non figura ningún/ningunha aspirante excluído/a.

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería de Facenda, nos das súas delegacións territoriais, no Servizo de Información Administrativa e Atención ao Cidadán en Santiago de Compostela, no servizo de información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia en Vigo e Ferrol, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia en Vigo e Ferrol e tamén poderá consultarse a través da páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Contra esta resolución poderarse interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

 

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2009.

José Mª Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

 

{xtypo_feed}DOG nº. 224 – Luns, 16 de novembro de 2009{/xtypo_feed}
{xtypo_feed}Convocatoria de promoción ó Grupo C{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies