APRAFOGA fai un chamamento ao colectivo dos Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia para que participen na MANIFESTACIÓN en contra do Anteproxecto de Lei de Emprego Público de Galicia.

5 de decembro de 2014. Seguindo os acordos acadados na asemblea celebrada o pasado día 27 de novembro en Santiago, e ante a ausencia de información sobre o encadre definitivo do colectivo de axentes forestais e mediaoambientais de Galicia no Anteproxecto de Lei de Emprego Público, as centrais sindicais convocan ao colectivo de Axentes forestais e Medioambientais á  unha manifestación que se celebrará en Santiago de Compostela o proximo xoves 11 de decembro.

MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO

DATA 11 DE DECEMBRO DE 2014

INICIO: 11:30 HORAS

LUGAR: San LÁZARO (Fronte ao edificio da Consellería de Medio Ambiente).

REMATE: EN San CAETANO E POSTERIOR TRASLADO A PRAZA ROXA PARA ACTO DE DOAZÓN DE SANGUE.

Adxúntase enlace de dita convocatoria

CONVOCATORIA MANIFESTACIÓN 11-12-14

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies