Manifesto da Asociación Profesional de Axentes Forestáis de Galicia
Faremos unha especie de breve sinopse acerca das inquietudes e preocupacións do colectivo de axentes forestais, extraídas dunha serie de enquisas efectuadas pola Asociación Profesional e das anotacións que se foron extraendo das asembleas da Asociación e da Plataforma Sindical.
Esta sinopse axudaranos a comprender porqué o colectivo non está de acordo con certos puntos da negociación, á vez que pode axudar a que o actual secretario xeral e o actual conselleiro, cargo que ocupan desde un prazo relativamente curto de tempo, comprendan a perspectiva da plataformaá hora de positivar o pensamento do colectivo de axentes forestais, pois é posible que os estratos superiores non coñezan os “males”, “agravios” e “inquedanzas” dos inferiores porque os intermedios non os transmitan adecuadamente. Por todo isto, exporemos ás claras o que pensa o colectivo sobre certos temas para el fundamentais, pois estimamos que existe un concepto desfigurado da gardería debido á existencia de axentes ou grupos de axentes, dos que da súa pasividade ou belixerancia en ningún caso se pode extrapolar ao conxunto do colectivo, menoscabándoo ou marxinándoo. E en todo caso, haberían de ser os propios xefes de distrito ou xefes de servizo os que tivesen que corrixir esta situación, sempre que non obedeza a motivos xustificados, e loxicamente actuando de acordo coa lexislación vixente.
Así, a gardería forestal é concibida polos propios axentes como unha especie de exército de Pancho Villa. É sorprendente que un axente forestal se dirixa a un furtivo, coordine un incendio forestal, esixa a presentación dunha autorización calquera, realice labores de inspeción… comparecendo no lugar nun Micra, Seat Ibiza, Renault 4, Peugeot 206, Land Rover ou Suzuki estartelados, ataviado simplemente cunha gorra, un chaleco, un simple xersei ou anorak do servizo ou simplemente nada, e non teña outro medio de acreditar a súa condición de axente forestal, e por iso axente da autoridade, que o seu carné de identidade. E isto é algo normal, pero dificilmente xustificable dado que o noso colectivo non naceu hai uns días, senón hai 125 anos, tempo que consideramos máis que suficiente para que estea dotado dos mínimos medios esixibles (vehículo adecuado, uniforme regulamentario e acreditación) para facerse acredores do respecto dos administrados á vez que para exercer a súa condición de axente da autoridade cando sexa preciso.
Nas últimas oposicións a axentes forestais non se esixiu a titulación específica de capataz forestal, admitíronse papeis a modo de acreditación de titulación equivalente á de técnico especialista, obtidas dunha maneira un tanto singular nuns cantos días, cando a práctica totalidade do colectivo houbo de pasar por 2 longos anos de estudos en réxime de internado para se facer acredor da titulación que lle permitise acceder á condición de axente forestal, á vez que os funcionarios de carreira, consecuencia destas oposicións, pasaron a ocupar praza de carácter “provisional”, o cal é, como mínimo, de dubidosa legalidade. Á vez que non se lles proporcionou roupa de traballo, e que se saiba, non se lles proporcionará ata o ano 2005, a non ser un buzo do que, sen menosprezar ós peóns forestais, non existe diferencia, co cal nas súas funcións de director de extinción, control de traballos silvícolas, labores de inspección, etc., queda anulada a marca de autoridade que confire unha indumentaria diferenciada, supoñendo, a fin de contas, menoscabo do axente.
Lembrar que facía 9 anos que non se convocaban oposicións, e que hai unha década que non se convoca concurso de traslados, que desde o 97 as percepcións por servizos extraordinarios permanecen conxeladas, que somos o colectivo de axentes forestais/ambientais peor pagado do Estado… o que incide nese sentimento de abandono e marxinación que ten o colectivo. Sen citar temas como a non convocatoria das comisións de seguridade e hixiene, ou o Comité Galego de Defensa do Monte, e citando, iso si, que xa con data do 31 de xullo de 2000 se asinou un documento de acordo entre Administración e sindicatos, sobre “a implantación da futura escala de axentes facultativos ambientais”, no que incluso se adiantaba a adaptación do regulamento á nova escala ou o proceso de integración, paso que, 4 anos máis tarde, aínda non se deu e que en realidade estamos repetindo a pesar de ser xa acordado. Iso si, en decembro de 2000 aprobouse a Lei 2/2000, pola que se creaba a escala de axentes facultativos ambientais da Xunta de Galicia, que máis que unha intención real de efectividade parece orientada cara á galería. A este respecto, destacar que os axentes forestais dende sempre desenvolveron moitas funcións que regulamentariamente pertencenacute; ó grupo “C”.
Cabe incidir sobre o feito de que somos o colectivo de axentes forestais peor pagados do Estado, e isto é incongruente coa realidade das circunstancias de Galicia. Abonda ter en conta datos como que Galicia produce o 40% da madeira de todo o Estado español, que conta coa maior rede fluvial da península, que está á cabeza do Estado en traballos de reforestación, tratamentos silvícolas, infraestructuras forestais, etc., que é a CC. AA. que xestiona máis expedientes administrativos dentro do sector, que conta coa metade dos núcleos poboacionais do Estado, que contamos cunha franxa litoral amplísima cun alto risco de contaminación por fuel ou outras substancias tóxicas, que ten 3.000 comunidades veciñais propietarias de montes (30% do total da propiedade forestal), que o 69% da superficie xeográfica galega está cuberta por sistemas forestais (a cal se incrementou nun 34% a última década, e nun 40% o número de árbores), dos que se extraen 6.500.000 m3. ó ano, e que aínda así a superficie media por incendio se reduciu a menos da décima parte na última década (na que se produciron 94.000 incendios); que, a modo de exemplo, na pasada década sufriu o 52% del total de incendios de España… E que a pesar diso somos escasamente o 8% do colectivo total estatal, que cada axente forestal, en datos absolutos, cubre unha media de 5.500 Ha. de superficie 3/4 moi por riba do recomendado pola UE, e que, en consecuencia de todo isto, os axentes forestais galegos temos unha carga de traballo moi superior ós compañeiros do resto do Estado.
O noso complemento específico é igual ó do persoal da Administración xeral do mesmo grupo, aínda que as nosas condicións de traballo supoñen xornadas nocturnas, traballo a quendas, toxicidade, perigosidade, dispoñibilidade horaria, traballos en fins de semana e festivos, conducin de vehículos, especial responsabilidade… a pesar de que a Lei da función pública de Galicia deixa ben claro, no seu artigo 64, que: “O complemento específico é unha retribución destinada a retribuír as condicións particulares dalgúns postos de traballo en atención á súa especial dificultade técnica, adicación, responsabilidade, incompatibilidade, perigosidade ou penosidade”, polo que consideramos este feito non só unha situación inxusta, senón incluso fóra do legalmente establecido.
As nosas condicións laborais, que implican cubrir as 24 horas do d