Manifesto das escalas de Axentes forestais e Axentes facultativos medioambientais

 

Reunidos en Silleda a 28 de xaneiro as organizacións asinantes, todas elas representantes das Escalas de Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais da Xunta de Galicia, DENUNCIAMOS:
 
  • A inexistencia de Regulamento da Escala de Axentes Facultativos Medioambientais (creada pola Lei 2/2000), a carencia de propostas por parte da Consellería do Medio Rural e da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, e o desinterese das mesmas en manter reunións ó efecto.
  • A ausencia de control que a Dirección Xeral de Función Pública debería exercer na sua competencia orgánica sobre os funcionarios destes colectivos.
  • O incumprimento dos prazos establecidos para a integración no Grupo C dos Axentes Forestais pendentes, proceso que comezou hai nove anos e ainda está sen rematar.

    • O abandono por parte da Consellería do Medio Rural e da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible das negociacións para conquerir un novo Acordo sobre as condicións de traballo dos colectivos afectados, debido ó nulo entendemento e falla de interese do Gobemo Galego.
    • O estancamento do cadro de persoal, conxelado dende hai cerca de 30 anos, xunto coa inexistencia de control, organización, obxectivos e aproveitamento dos eseasos recursos humanos e de medios de traballo eficaces conlevan a unhas pésimas prestacións como Servizo Público derivando as carencias cara asistencias técnicas, empresas e chiringuitos producindo unha clara usurpación de funcións.
     
    Polo exposto, ESIXIMOS con carácter de urxencia:
     
    • Unha reunión conxunta cos responsabes de cada unha das Consellerías das que dependemos funcionalmente.
    • Tratar por separado a estrutura da Escala e o Acordo sabre as condicións de traballo onde se estableza a nova Orde de horarios.
    • Unha proposta formal para trasladala ó Colectivo na correspondente Asemblea.

    Asemade,manifestar que os Calectivos de Axentes Forestais e de Axentes Facultativos Medioambientais realiza estas denuncias e esixencias na defensa dun Servizo Público de Calidade, dun Organigrama estable, e de negociar as particularidades do noso traballo como igualmente se fixo con outros Colectivos. Check out gclub ฟรี 500
    de funcionarios da Administración Pública.

     
                CC.OO                              CIG                            UGT                             APRAFOGA
     
    Conselleiro de Medio Rural
    Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
    Conselleiro de Presidencia
    Dirección Xeral de Función Pública
    Comparte isto!:

    Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

    ACEPTAR
    Aviso de cookies