Medio Rural disporá de 163 vehículos en réxime de aluguer para o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios
O Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios contará con 163 vehículos en réxime de aluguer, por importe de 4.243.680 euros, distribuídos en catro anualidades, segundo acordou o
Consello da Xunta.
Consello da Xunta.
Santiago de Compostela, 18-09-2008 A Consellaría do Medio Rural contratará o subministro de 163 vehículos en réxime de aluguer destinados á realización da supervisión e da dirección técnica de prácticas forestais preventivas, que se adxudicará polo sistema de concurso e procedemento aberto. O orzamento total será de 4.243.680 euros, distribuídos en catro anualidades.