Mesa de negociación para o proceso de integración no Grupo C
O luns 15 de xuño, celebrouse en Santiago unha nova xuntanza coa Dirección Xeral da Función Pública, co fin de negociar as bases que deben rexer a convocatoria do proceso selectivo para a integración na escala de axentes facultativos medioambientais.
Na reunión, Función Pública informounos sobre as alegacións que foron admitidas, todas elas coincidentes coas presentadas por UGT no seu momento:
1.- Suprimir, na corrección do exame test, que por cada tres respostas incorrectas se desconte unha correcta.
2.- Rectificación das bases de xeito cada un continuará a ocupar a praza que xa viña desempeñando.
3.- Supresión da fase de concurso.
4.- Suprimir a presentación do certificado médico (apartado IV.2.C)).
Alegacións admitidas ao temario:
- Eliminación dos temas 1, 2 e 3, excepto do tema 2: Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia en materia ambiental e de montes A Consellería do Medio Rural: estrutura e organización
- Tema 9, eliminouse “As estación forestais de Galicia”
- Temas 15 e 16, substituíuse a “Orde xeral de vedas” por “Orde anual de vedas”
- Tema 17 eliminouse “Granxas cinexéticas” e “Piscifactorías”
- Eliminación dos temas 19 e 20
- Tema 23 eliminouse “Fiscalidade de montes veciñais e particulares”.
Quedamos pendentes da emisión de informe por parte da Asesoría Xurídica, sobre a posibilidade de que poidan participar os compañeiros que acrediten estar en posesión do título de Bacharel, como requisito de acceso ao proceso. Si da argumentación xurídica, queda clara a posibilidade legal da súa participación a UGT apoiará as bases hoxe presentadas por considerar que recollen as alegacións presentadas case que na súa totalidade.
Este tema levarase esta semana a Comisión de Persoal, co que quedará listo para a súa publicación, que se prevé sexa antes do 1 de xullo.