Mesa de traballo para a elaboración do Acordo de codicións de traballo dos Axentes forestais e Axentes facultativos medioambientais (22-12-2011)
Esta mesa, adiouse por parte da administración do 15 ao 22 de decembro, coa xustificación de que o 15 o D.X. de Montes non ía poder acudir e que tiña moito “interese”. Cal é a nosa sorpresa que o 22 non había ningún Director Xeral (nin de Montes nin de Conservación) e que a intención dos presentes non era a de traballar conxuntamente na elaboración dun novo Acordo senón de boicotealo.
Salientamos o vago coñecemento da administración das propostas presentadas (rexistradas a finais de 2009) polas organizacións sindicais, Medio Rural centrouse en buscar diferenzas no contido e rupturas na unidade sindical… que non conqueriron, evidentemente, porque son practicamente iguais e respostan as demandas históricas do colectivo. Por outra parte eles non aportaron nada, absolutamente nada.
Pedíuselles novamente que pagasen as gardas do mes de outubro dende o día un, como aos Técnicos. Ao que se nos contestou que xa verían, e que non podíamos esquecer que no 2010 nos pagaran os catro meses, aínda que non se fixera unha quincena. Deron a entender que nos deberiamos dar por pagados co cobrado, segundo eles, en exceso no 2010.
Queda patente o pouco que valoran o noso esforzo prolongando, xornadas facendo gardas cando aínda non activaran o período extraordinario, cambiando días de libranza e de vacacións, etc, etc…….
Ademais a Consellería do Medio Rural considera válido o Acordo actual, por eles, non o cambiarían e destacan que en 11 anos só fallou unha vez: o outubro pasado. Tamén salientaron a súa vixencia, ¡iso sí que foi bo!. Tivemos que lerlle o punto do Acordo que di que a vixencia é de tres anos dende o 1 de xaneiro de 2005!!
Dende as organizacións sindicais deixámoslle claro que era mentira que só fallase este ano, que estaba caduco, obsoleto, atrasado, ineficaz, que non respostaba ás necesidades do funcionamento do servizo nin as laborais dos Axentes forestais.
Despois de advertirnos que non aceptarían ningunha medida que implicase custe para a administración acordaron unha nova xuntanza para “mediados da 2ª quincena de xaneiro” na que poderiamos presentar outra proposta e á que eles non levarían nada porque o actual “lles valía”.
En definitiva, a Medio Rural dalle igual o bo traballo dos Axentes forestais e facultativos medioambientais, o funcionamento dos servizos públicos non lles interesa e na xuntanza evidenciaron que non somos necesarios para a Xunta nin para a Sociedade Galega…
E, ante esta tomadura de pelo que imos facer??. Pois non queda outra que,
LOITAR E DEFENDER, polo servizo indispensable na xestión e protección do patrimonio natural e forestal, AOS/AS AXENTES FORESTAIS E AXENTES FACULTATIVOS AMBIENTAIS DA GALIZA!!!
{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}