Mesa de negociación do día 9 de Outubro de 2008
O dia 9 de outubro tivo lugar a reunión convocada polas Consellerías de Medio Rural e de Medio Ambiente e D. S., para tratar da “PROPOSTA SOBRE CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL FUNCIONARIO PERTENCENTE AOS GRUPOS C E D DAS ESCALAS DE AXENTES FACULTATIVOS MEDIOAMBIENTÁIS E DE AXENTES FORESTÁIS”. Be aware of สมัคร gclub slot
Dita proposta remitida hái úns dias pola Administración aos sindicatos, estructúrase básicamente nos seguintes apartados:
- Organización da Escala. Categorías e xerarquización no ámbeto forestal. Categorías e xerarquización no ámbeto da conservación da natureza. Estructuración no ámbeto de cada consellería: forestal e natureza.
- Réxime xeral de prestación de servizos: forestal e natureza. Réxime horario: ordinario i extraordinario. Vacacións, licenzas, permisos.
- Medios. Formación. Riscos laboráis.
- Integración do persoal pendente de promoción.
- Comisión de seguimento.
Nota: pódese consultar na súa totalidade a través dos Delegados Sindicáis da CIG.
A CIG valora negativamente a proposta, por varios motivos: non seguir unha orde de prioridades, misturar estructura con condicións de traballo, xogar coa ambigüedade e contempla retrocesos sociáis. Diante delo propúxose:
- Consideramos que o primeiro asunto a resolver é todo o proceso pendente de integración no grupo C: cronograma, compromisos, etc. E non misturar éste asunto como un apartado máis das condicións de traballo.
- Separar a creación dunha nova estructura do resto da proposta. Require un debate exclusivo, tendo en conta ademáis que o que se acorde néste asunto vai a formar parte do novo regulamento: categorías, funcións,…
- Establecer un método de traballo que permita debater cada punto proposto dende a oferta e a contraoferta.
Por parte das Consellerías argumentan que polo asunto do Grupo C non ten que haber ningún problema. Segundo eles está aberta unha nova fase en Función Pública, e que en todo caso para os/as que acaban de ingresar, valorar os tempos e requisitos e propoñer prazos.
En canto a separar a nova estructura das condicións de traballo, non só non están dacordo, senón que para eles van ligadas ambas cuestións, e que ademáis é urxente dotarse das categorías que propoñen. (coordinadores…). Teñen moita présa néste asunto.
Centran a reunión en aspectos económicos. Da suba da masa salarial nun 6,47% propoñen unha distribución do 75% no c. específico e o 25% en productividade. (antes ofrecían un 50% – 50%). Tratan éste punto como algo fundamental diante da aprobación inminente dos orzamentos de 2009, indicando que ou chegamos a un acordo ou non hai suba.
Para a CIG, ésta formulación supón unha chantaxe, xa que aínda no suposto de que fora unha partida apetecible (que non o é), non se pode supeditar ás condicións socio-laboráis, coma un mercadeo vulgar.
Diante da situación, propónse unha nova reunión, donde se considera a proposta da administración como o documento de debate, e ao que as centráis sindicáis teñen que apresentar alegacións, modificacións ou novas propostas antes do Mércores día 15 de Outubro.
Compostela, 9 de Outubro de 2008{jcomments off}