Negativa a entregar efectos

A maioría das infraccións previstas na lexislación das actividades que controlan os Axentes Forestais comportan o decomiso dos utensilios empregados (escopetas, canas de pescar, redes, etc.) e dos produtos obtidos ó cometela infracción (pezas de caza, peixes, leñas, etc.).

En casos de investigacións de presunto delicto, igualmente débense decomisalos efectos ou aparellos que poidan ter relación coa súa comisión, por exemplo, de incendios forestais, acendedor, trozo de cable fundido de liña eléctrica, extintor ou aparello empregado para apagalo lume, etc.

Non obstante, a negativa a entregar estos aparellos desgraciadamente é habitual cando quen o require é un Axente Forestal, polos mesmos motivos que os expostos na identificación.

Casos máis frecuentes

* Negativa a entregala arma utilizada para cometer unha infracción de caza ou de protección dos animais.
* Negativa a entregar canas de pesca utilizadas nunha infracción de pesca ou de protección dos animais.
* Negativa a entregalos animais obtidos nas citadas infraccións.
* Negativa a entregar trufas, buscatrufas, piñas e outros produtos forestais obtidos ilegalmente.
* Negativa a entregar paxaros frinxílidos cazados ou artes empregadas para a súa captura (redes, gaiolas, etc.).
* Negativa a entregar chamarices para paxaros frinxílidos.Negativa a mostrar o contido de petos onde se esconde o reproductor de son ou ben outros efectos ilícitos (cartuchos de balíns, animais protexidos, etc.).

Actuación de campo

A mesma que no caso de negativa a identificarse, é moi importante facer vir ó corpo de policía correspondente e conseguir practicar o decomiso fisicamente, porque en caso contrario, a menudo a multa xudicial por decomiso sería inferior á valoración do decomiso.

En canto ós efectos decomisados, é importante etiquetalos e precintalos debidamente cando sexa necesario, describilos convenientemente nas respectivas actas de decomiso, e gardalos de forma que sempre saibamos onde están. Segundo o caso, pódese facer unha fotografía (decomisos relacionados con investigacións de posibles delictos).

Procedemento documental

O mesmo que no caso de negativa a identificarse.

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies