Negativa a identificarse

Ante a negativa a identificarse de calquera cidadán que está realizando unha actividade regulada por unha normativa que os Axentes Forestais deben facer cumplir (cazadores, pescadores, madeiristas, domingueiros que encenden lume non só para cociñar, etc.) e que poida estar infrinxindo. En casos extremos, tamén dunha testemuña dun presunto delicto que se negue rotundamente a colaborar.

Actuación de campo

1. Dar a orde de identificarse, de forma educada, clara e con firmeza as veces que fose necesaria durante a actuación.

2. Manter a seriedade e a insistencia en todo momento, non quitar presión con comentarios que non veñen ó caso, senón, facer entender ó cidadán que os axentes actuantes están cumplindo co seu traballo de controlala actividade “x”, e que o control en cuestión consiste en “i”. Por exemplo, controlar a documentaciñon necesaria, as especies cazadas, a munición empregada e as caracterústicas da arma.

3. Si o cidadán manifesta dúbidas da nosa condición de axentes da autoridade, explicaresmolle brevemente que o somos, que ten a obriga de identificarse ó noso requirimento, e que igualmente, si o desexa, identificarémonos nós, e si non se fía poderá presentar as queixas ou denuncias que queira contra nós.

4. Un cidadán que poida cometer un delicto ou ben que cometa unha infracción administrativa, e que se nega a identificarse, está incorrendo nunha falta de desobediencia. Este é o único suposto en que se detén por falta: falta de datos persoais. Polo tanto valorarase a situación e decidirase si se lle detén e se lle traslada á comisaría, ou ben se fai vir unha dotación de corpos de seguridade para que o identifiquen (ainda que si hai posibilidades, é preferible a primeira opción).

5. Si se opta por avisar a un corpo de seguridade, informarase ó cidadán que, unha vez o identifiquen, proseguiremos coa actuación (inspección, denuncia, decomisos, etc.) e ademáis teremos que presentar denuncia no xulgado por desobediencia.

6. Si persiste, detención, ou aviso ó corpo de policía, de tal forma que o cidadán se dea conta (chamada por radio en voz alta e clara, etc.) e dárllela orde clara e firme de que se ten que quedar no lugar ata que chegue a policía.

7. Cando chegue a dotación policial, debemos explicarlles, ante o cidadán si é preciso, o concernente ó caso, os apercibimentos feitos e as ordes desobedecidas, e que se presentará denuncia por desobediencia.

Unha vez identificado, procédese a continuar coa inspección e practicar os decomisos e as denuncias administrativas pertinentes. Despóis de entregalas copias dos documentos administrativos xerados, infórmase ó cidadán de que se presentará denuncia no xulgado “x”, por negarse a identificarse mentras estaba facendo “x”, actividade regulada/ilícita, e que terá a obriga de presentarse no xulgado correspondente si é citado a declarar ou o día do xuizo.

Procedemento documental

* Redactarase o atestado correspondente o día ou días seguintes, e remitirase ó xulgado de garda con copia ó Ministerio Fiscal, (e, si procede, ós servizos xurídicos da Administración).
* En lugar da redacción do atestado, pódense presentalos axentes desobedecidos nas dependencias policiais, ou incluso nas dependencias xudiciais, para presentar denuncia verbalmente, de forma que o policía ou o axente xudicial recollerán denuncia do axente forestal e abrirán o corresondente procedemento.

Non obstante, é preferible a redacción do atestado por parte dos axentes, aínda que sexa simple, para non esquecer ningún detalle da actuación de campo, facer constala actividade que exercía o denunciado, a lexislación que a regula ou prohibe, a que faculta ós Axentes Forestais no control destas actividades, achegar copia da folla de denuncia administrativa e da folla de decomiso si hai, e si cré convinte, referencias cartográficas, copia de normativa, etc.

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies