Negativa ó rexistro do vehículo

 

O vehículo non ten consideración de domicilio, polo que os Axentes Forestais, coma o resto de axentes da autoridade, poden proceder ó seu rexistro nos casos en que se sospeita a comisión dunha infracción administrativa ou penal e creese que no seu interior pódense atopar efectos relacionados cos feitos.

Sospeita

É necesaria a sospeita de infracción para cumplir co principio de proporcionalidade da actuación. Así, rexistros de vehículos de forma preventiva, sin ningún tipo de indicio ou sospeita de infracción, non serían procedentes. Pódense tomar como referencia as pautas dadas para valoralas sospeitas para casos de rexistro persoal (lugar e tempo en que se fai o control, actividade inicial do suxeito, antecedentes). Así, atendendo a estes principios podería considerarse sospeita fundamentada o feito de que un vehículo circule de noite por camiños rurais dun couto privado onde os Axentes Forestais están prestando o servizo de antifurtivismo de caza nocturna, por exemplo.

Zonas de caza controlada e reservas nacionais de caza

No caso de Cataluña, no parágrafo da Orde de vedas que sae cada ano, e que especifica que os Axentes Rurais e os Gardas de Reservas están autorizados a inspecionar, dentro de Reservas Nacionais de Caza e Zonas de Caza Controlada, tanto os vehículos coma as súas equipaxes, non significa que os Axentes Rurais fóra destes espazos non poidan rexistrar vehículos e equipaxes, sinón que dá a entender que, dentro destes espazos, os rexistros preventivos sin indicios de infracción, pódense facer con máis frecuencia e de forma xeralizada.

Actuación de campo e procedemento documental

É preferible que o propietario ou condutor estea presente no momento de rexistralo vehículo, e si a infracción non é grave e os efectos que se buscan non son de medidas moi reducidas, o máis proporcional é que os axentes actuantes vaian dando as ordes pertinentes ó propietario para que vaia abrindo as portas e sacando as bolsas ou os efectos do seu interior.

* Dalas instruccións de forma clara e con firmeza para que o propietario ou condutor vaia abrindo as diferentes dependencias do vehículo e vaia sacando os efectos que queremos inspeccionar.
* Si se nega a facelo, os axentes pediranlle as chaves da mesma maneira e farano eles.
* Si se nega rotundamente tanto a facelo él como a que o fagamos nós, sería procedente a mesma actuación que en casos de negativa a identificarse ou a entregar efectos (aviso ó corpo de seguridade, rexistro do vehículo, finalización da inspección ou denuncia e posterior denuncia no Xulgado por desobediencia ós axentes da autoridade).

Casos de presunto delicto

En caso de facelo rexistro do vehículo buscando efectos que poidan relacionalo seu condutor ou propietario coa comisión dun delicto ou falta penal, levantarase acta de rexistro do vehículo, que se achegará ó atestado correspondente e na que se farán constalos efectos que se atopan e a súa descripción. Si algún destes efectos é decomisado, levantarase a correspondente acta de decomiso.

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies