Negativa ó rexistro persoal

STS 7/7/1995): “Rexistro dunha persoa para saber si oculta elementos que poidan servir para a proba dun delicto”. O rexistro consiste en someter superficialmente ó contacto manual o perfil do corpo, por encima da roupa, da persoa sospeitosa de cometer un delicto coa finalidade de comprobar si leva armas ou outros efectos que poidan ter relación coa comisión de feitos delictivos. O rexistro superficial dun cidadán só se pode facer (principio de proporcionalidae) nos casos en que:

* Cometeu un delicto ou falta penal e sospéitase que poida levar armas ou efectos que o poidan relacionar coa comisión do delicto.
* En caso de sospeita de infracción administrativa, non de forma xeral sinón en casos concretos nos que exista sospeita de que leve algún efecto prohibido.

Rexistro preventivo

Si non se cometeu infracción administrativa ou penal, non se practica o rexistro si non hai unhas sospeitas fundamentadas de infracción. As sospeitas poderán ser simples, sempre que non sexan ilóxicas, irracionais ou arbitrarias. Polo tanto, non son necesarios indicios racionais de criminalidade, nin verdadeiras probas, sinón simples sospeitas que, ademáis deben ser valoradas con flexibilidade; así, para a xurisprudencia máis recente, son relevantes:

* O lugar e o tempo en que se fan os controis (STS 3/3/95).
* A actividade inicial do suxeito sometido (STS 29/9/95).
* Os seus antecedentes (STS 18/10/95, 28/12/95 e 02/02/96).
* As súas relacións con terceiros suxeitos relacionados con determinados ámbitos delictivos (STS 21/10/94).

Rexistro de caza ou pesca

Nas actuacións que levan a cabo os Axentes Forestais dentro das suas funcións, practícanse habitualmente dous tipos de rexistros que non o son exactamente:

* Inspección do “morral” do cazador: A Lei de Caza xa establece como obligatoriedade do cazador amosalo seu contido. Hai que ter en conta que a miúdo o “morral” do cazado lévano incorporado á chaqueta, e non por elo deixa de selo “morral”.
* Inspección do “morral” do pescador: A Lei de Pesca tamén o prevé, de feito, a Lei de Pesca prevé o rexistro de vehículos, embarcacións e instalacións (non domicilio) en busca de infraccións de pesca, polo que en caso de sospeita de infracción de pesca, estamos perfectamente cubertos pola Lei para facer este tipo de rexistros.

Actuación de campo

1. Non se poden provocar situacións humillantes.
2. Non é necesaria a presencia de avogado (nin en caso de delicto).
3. Non se pode afectar a intimidade corporal (non se tocan as zonas corporais onde reside o pudor).
4. Non se pode facer espir agás en casos moi graves e nos que non teñamos tempo de solicitar autorización xudicial.

A liberdade persoal non se ve afectada, xa que, ainda que as actuacións de control policial comportan inevitablemente molestias, a súa realización e conseguinte inmovilización do cidadán durante o tempo imprescindible para a sua práctica, supón para o afectado unha sumisión lexítima (que debe aceptar).

Si se nega rotundamente tanto a amosárnolo contido dos petos como a que o comprobemos nós, sería procedente a mesma actuación coma en casos de negativa a identificarse ou a entregalos efectos (traslado a comisaría ou aviso a corpos de seguridade, rexistro persoal, finalización da inspección ou denuncia e posterior denuncia no Xulgado por desobediencia ós axentes da autoridade).

Hai autores que diferencian o rexistro “superficial” do rexistro “persoal”, é dicir, o primeiro sería a palpación superficial do perfil do corpo, tentando detectar probas, e o segundo sería un rexistro a fondo do corpo do sospeitoso, para o cal sería necesario espilo. Só neste segundo caso serían aplicables as normas de:

* Dereito a ser rexistrado por alguén do mesmo sexo (STS 23/02/94).
* Dereito a que se desenrole o rexistro dentro dun espazo íntimo e que só estean presentes os que o practican (STS 02/12/94).

Procedemento documental

O mesmo que no caso de negativa a identificarse: redacción do correspondente atestado por desobediencia.

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies