Nomeamento como funcionarios do Grupo C

Orde do 2 de decembro de 2011 pola que se procede ao nomeamento como funcionarios do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 25 de xuño de 2009.

En virtude da Orde da Consellería de Facenda do 25 de xuño de 2009 (DOG número 126, do 30 de xuño) convocouse o proceso selectivo para a promoción á escala de axentes facultativos ambientais da Administración da Xunta de Galicia dos/as funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, escala de axentes forestais.

A base IV.4 da convocatoria dispón que, unha vez rematado o proceso selectivo e cumpridos os requisitos exixidos, as persoas que o superasen serán nomeadas funcionarios de carreira mediante orde da conselleira de Facenda, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

A base IV.5 dispón que seguirán prestando servizos nos postos de traballo que estivesen ocupando con carácter definitivo e que, no suposto de que existan opositores que desempeñen postos con carácter non definitivo, se lles ofertarán as correspondentes vacantes.

De conformidade coas ditas bases, unha vez rematado o proceso selectivo, dado que non é necesaria a oferta de vacantes por non existiren opositores que desempeñen postos con carácter non definitivo, esta consellería, de conformidade co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e coas demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionarios do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes ambientais, os/as aspirantes que se relacionan como anexo desta orde, que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 25 de xuño de 2009.

Segundo. Adxudicarlles como destinos definitivos os postos de traballo que desempeñan con carácter definitivo, de acordo co previsto na base IV.5 da convocatoria.

Terceiro. Para adquiriren a condición de funcionarios/as do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes ambientais, todos/as os/as aspirantes deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contenciosoadministrativo, no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

 

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2011.

Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda

 

{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies