Non se cubrirán prazas vacantes con interinos

Asunto: Nomeamento interinos para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios/as das escalas de Axentes forestais e Axentes facultativos ambientais.

En contestación ó escrito de data de 10 de maio de  2011 que tivo entrada neste centro directivo co número de rexistro de entrada 93.426, do 19 de maio, comunícolle

Primeiro.- O artigo 30 da Lei 14/2010, do 27 de decembro de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia establece:

“Durante o ano 2011 non se procederá ao nomeamento de persoal funcionario interino nos supostos previstos nas letras a e b na alínea Un do artigo 10 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público no ámbito a que se refiren as letras b e c da alínea Seis do artigo 13 da presente Lei.

Quedan exceptuados do disposto no parágrafo anterior e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables:

d) Persoal adscrito ó Servizo de defensa contra incendios forestais.

f) Persoal adscrito ó Servizo de emerxencias e protección civil.

As ditas contratacións adecuaranse estrictamente ás necesidades do servizo, tendo como límite máximo as previsións orzamentarias establecidas para o efecto”.

Corresponde á Consellería do Medio Rural, á que figuran adscritos os postos de Axentes forestais e Axentes facultativos medioambientais, apreciar o carácter urxente e inaprazable da necesidade e a imposibilidade de atendela cos efectivos dispoñibles.

Segundo.- O artigo 6.1 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna dispón:

“Cando un posto de traballo quede vacante, o órgano competente pode, no suposto de urxente e inaprazable necesidade, proceder a cubrilo en comisión de servizos”.

Corresponde á Consellería do Medio Rural, no uso das súas competencias organizativas e no marco das súas dispoñibilidades orzamentarias, determinar as vacantes de urxente e inaprazable corbertura que deben proverse polo procedemento de comisión de servizos.

Terceiro.- O desfavorable contexto económico, motiva a necesidade de continuar coas políticas de austeridade, evitando gastos innecesarios e fomentando as políticas de aforro, de xeito especial no que atinxe ao gasto corrente de todas as áreas.

Dentro destas medidas, a lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011 atribúe especial relevancia á contención do gasto destinado ao nomeamento de funcionarios interinos e persoal laboral temporal e, se ben mantén a posibilidade de cubrir vacantes, reserva este recurso para necesidades urxentes, inaprazables e que non podan atenderse mediante os efectivos xa existentes.

Para consecución do obxectivo previsto as unidades xestoras de persoal de todas as consellerías asumiron o compromiso de optimizar a eficiencia dos seus recursos humanos.

Esta dirección xeral confía en que ao seu éxito contribúa a colaboración responsable de todas as organizacións sindicais.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2011

O director xeral de Función Pública

José María Barreiro Díaz

 

{xtypo_feed}Documento{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies