Normas de pesca da tempada 2011
Orde do 28 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada 2011.
Os artigos 46º e 47º do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), recollen a obriga da Administración de adoptar, mediante unha orde anual, as normas xerais de pesca fluvial de distintas especies ictícolas e dos demais seres vivos que habitan as augas continentaisde Galicia.
Neste sentido, establécense nestes artigos os contidos mínimos das normas xerais que deben figurar na orde, así, épocas hábiles, tamaños mínimos das especies e as cotas de captura, tipos de engado que se empregarán con cada especie e as modalidades de pesca permitidas, prevéndose, así mesmo, a súa aprobación polo conselleiro do Medio Rural e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
En virtude do anterior, en concordancia co disposto no artigo 27º.15 do Estatuto de autonomía e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e a súa Presidencia…