Nota de prensa (18-05-07)
As organizacións que constitúen a Plataforma Sindical de Axentes Forestais de Galicia (formada polos sindicatos CC.OO., CSI-CSIF e UGT), e mailas organizacións CIG e a Asociación Profesional de Axentes Forestais de Galicia (APRAFOGA), queremos manifestar:
A XUNTA DE GALICIA “PASA” DOS AXENTES FORESTAIS
OS AXENTES FORESTAIS DE GALICIA REIVINDICAN O SEU RECOÑECEMENTO PROFESIONAL
O Goberno da Xunta de Galicia “compuxo” a súa xestión medioambiental en dúas consellerías á medida de cada unha das partes que conforman o goberno: o PSOE e o BNG, acadando un acordo no que un deles xestiona a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e o outro a Consellería do Medio Rural, tendo sen embargo unha forte relación entre ambas. Con isto, o colectivo de Axentes Forestais quedamos baixo a dependencia das dúas en funcións e asignados a unha delas en canto a destino.
A día de hoxe, e tras reiteradas e insistentes chamadas e escritos solicitando que estas dúas Consellerías convocasen á Mesa de seguemento do acordo asinado no ano 2004 (Acordo incumprido recurrentemente), observamos asombrados como ningunha delas NIN SEQUERA CONTESTAN ÓS ESCRITOS INCLUSO TRAS TER TRANSCURRIDOS MÁIS DE CATRO MESES.
A máis disto, tamén comprobamos como as relacións entre estas consellerías é nula o que so repercute na pobre xestión e a desprotección do Medio Ambiente galego, e tamén, por suposto no colectivo de Axentes Forestais ó ter dependencia das dúas e competencias nunha e noutra. Así, o diálogo é inexistente xa non entre os representantes legais dos traballadores e a Administración, senón entre eles mesmos, e as consecuencias as pagan o medio ambiente en primeiro termo, e os administrados en último a través do malgasto de recursos económicos pouco ou nada efectivos nestas materias. Así, por exemplo podemos asegurar que:
- Os incendios forestais non serán ben xestionados mentres non se conte cun colectivo de funcionarios ben preparados, equipados e recoñecidos, polo que este verán tampouco sabemos qué resultados dará a privatización do sistema público de extinción e prevención de lumes forestais a través da empresa SEAGA.
- As incidencias ambientais so se plantexan dende a substitución do exercicio das funcións dos Axentes Forestais por empresas que, coa excusa de “asistencias técnicas”, realizan labouras propias dun servizo público a través da empresa TRAGSA. Aseveramos que nunca tantos empregados tivo esta empresa na Consellería de Medio Ambiente como agora.
- Dende Medio Ambiente promúlgase a bombo e platillo programas de recuperación e control de ríos ou de envenenamento de fauna, cando isto non deixa de ser unha das tarefas nas que un goberno debe traballar a reo e constantemente. O Plan ANTÍDOTO sobre envenenamento de fauna está en práctica en tódalas comunidades autónomas de España menos en Galicia, e agora parece que veñen de inventar algo ó que se deben suxeitar os poderes públicos pois un so caso de envenenamento ten a consideración de delicto penal. O mesmo ocorre coas contaminacións dos nosos ríos. Pero para nada aclaran os nulos plantexamentos de cara á formación, dotación de equipos e materiais ou ampliación de cadros de persoal para poder afrontar con garantías e eficiencia estes servizos públicos. O único que se lles ocorre é de novo contratar a TRAGSA. • A máis de todo isto contrátase persoal que realiza funcións asignadas competencialmente ó colectivo de Axentes Forestais, como é o caso dos celadores de 2ª-vixiantes de recursos naturais, traballadores de empresas privadas, voluntarios, corpos e forzas de seguridade, empresas de xestión…e os Axentes Forestais dende os anos 80 en que foron transferidas as prazas dende a Administración central á Comunidade Autónoma de Galicia seguemos a ser 550, nin máis nin menos.
Polo tanto, estas organizacións vimos en denunciar:
- Que a Xunta de Galicia non está a cumprir coas súas promesas para con este colectivo pola ausencia total de diálogo cos seus representantes.
- Que a Xunta de Galicia tampouco está a cumprir cos pactos asinados no ano 2004 e que tantos esforzos levou acadar.
- Que, o mesmo que pasaba co anterior goberno, non se teñen en conta as especificidades e peculiaridades deste colectivo pois a ausencia total de equipamentos e medios materiais reflectan unha desprotección do medio ambiente en xeral e a dos propios traballadores en particular.
- Que ante a precariedade neste conxunto de traballadores, que é de máis do 20 %, e xunto coa escaseza de plantilla para a carga de traballo que hai en Galicia, a solución que se ven adoptando é a de substituir a estes traballadores por outro persoal nunha clara usurpación de funcións.
Teléfonos de contacto para ampliar información
- Por CC.OO. Alejandro Rodríguez Pazos, Delegado sindical …………………..657.659.534
- Por UGT José Luis Espiñeira Lage, Delegado sindical ………………………….637.567.681
- Por CSI-CSIF Aquilino Valencia Salgado, Delegado sindical ………………….608.582.765
- Por CIG José Barbazán Pazos, Delegado sindical ………………………………..629.887.246
- Por Aprafoga Miguel García Fernández, Presidente …………………………….619.529.712
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2007 {jcomments off}