Nota de prensa de CCOO (20-02-08)

 

CCOO DENUNCIA A DESORGANIZACIÓN CONSTANTE DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

As mentiras e a desorganización, dúas constantes na Consellería do Medo Rural

CCOO – Lugo denuncia:

 

MENTIRAS, xa que se ve que a estes dirixentes resúltalles máis rentable mentir que decir a verdade; fartáronse de vender estes días nos medios de comunicación a superpantalla de 200.000€ que mercaron para ver Galicia dende o centro do mando único de SEAGA, pavoneáronse nos medios de comunicación coa compra de dous vehículos de mando avanzado con infravermellos (pouco se fían dos voluntarios e das brigadas de vixiancia de SEAGA, e mentras Galicia ardía polos catro costados máis de 90 lumes na Coruña, algún en Ourense que superou as 2000has, en Samos arderon unhas 74 ha, 400 en Cervantes…. e eles decindo que todo estaba controlado, seguimos coa teima de ocultar datos. Os curiosos que tentaron saber os incendios que había en Galicia viron que na páxina da Consellería desaparecera o enlace “incidencias diarias” da páxina web da Consellería; ¡¡Esa é a trasparencia informativa!!.

 

Para máis INRI venden a contratación dos fixos discontinuos para reforzar…. e preguntámonos, se non hai lumes, ¿Porqué os contratan? ¿Non será que os contrataron porque saíron a rúa para pedir a súa inmediata contratación e tiñan medo de que sairan outra vez? A Lugo chegou persoal dos 5 distritos, e eso é sinal de que consideran inxusto estar na casa mentras a Consellería ten os seus amigos de SEAGA facendo as súas labouras, (prevención e extinción).

 

Estes días comenzaron a tallar ó persoal e por iso falamos de DESORGANIZACIÓN, xa que o xefe de distrito manda chamar a todo o persoal para probala roupa as 9 da mañán, ¡¡¡TODOS!!. Non se reparten franxas horarias non, nin se mandan vir por orde alfabético, para que… ¡¡¡Todos xuntos e a esperar na cola!!! Sí é certo que é de moita mellor calidade ca que se daba ata o de agora, pero algo terá que ver tamén as presións as que se viron sometidos reclamando, entre outras cousas, roupa acorde coas necesidades reais deste colectivo e unhos locais, que non temos, donde cambirse, xa que de pouco importa ter moi boa roupa se seguimos cambiándonos na rúa.

 

Convocan a todo o persoal para a mesma hora, máis de 100 persoas en fila, algunhas delas que se retiraran do lume as 8 da mañan . E todo eso para estar ata as 12 esperando turno, pasando a un local cheo de xente e espíndose tanto homes coma mulleres para probar pantalón , camisetas etc. Eso de mañán , pola tarde os da empresa da roupa estiveron solos ata as 7 da tarde que remataba a súa labor. ¿Porqué non se mandou vir á xente en varias franxas horarias distintas? ¿Será que o xefe de distrito lle importa pouco ou nada a vida persoal de cada un? ¿Realmente temos disponibilidade horaria o antoxo dos Virreyes dos distritos?.

 

Así executan unha instrucción do xefe de servicio do día 30 de Xaneiro, daquela cando sae un lume tes 5 min para organizalo todo, e 20 para chegar ó punto de encontro. É unha vergonza, 20 anos na guerra e non sabemos pegar un tiro, está claro que a algunhos xefes de distrito importalles moi pouco o persoal que teñen o seu cargo.

Que Deus reparta sorte se ven o lume este verán……

 

 

SECCIÓN SINDICAL DE CCOO NA XUNTA DE PERSOAL

SECCIÓN SINDICAL DE CCOO NA CONSELLERÍA DO MEDO RURAL.{jcomments off}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies