Nota de prensa Lei de Función Pública (art. 35)

 

CC OO ratificará a súa posición ante a proposta de modificación do artigo 35 do texto refundido da Lei de Función Pública Galega, na reunión convocada pola Dirección Xeral da Función Pública para o próximo luns día 25, ás 10 horas.
 
O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia manifestará que o ámbito de negociación é a Mesa Xeral e é nese marco onte se deberá negociar a modificación do citado artigo.
 
22-05-2009.- Dende as federacións da Área Pública de CC OO reiteramos a nosa posición ante esta proposta de modificación.
1.- Rexeitamos que un tema de tanta transcendencia como é o da lingua se queira despachar practicamente sen debate, cunha convocatoria urxente con só 48 horas de antelación.
2.- Rexeitamos que, estando a Lei de Función Pública pendente de adaptación ás previsións do EBEP en temas tan importantes como a avaliación, os sistemas de promoción, a actualización do sistema retributivo, etc., se acometa exclusivamente esta reforma e con carácter urxente. Parece que son os prexuízos ideolóxicos os que determinan a acción deste novo Goberno, mentres que os problemas que afectan de xeito directo o funcionamento da Administración carecen de interese.
3.-Recordamos que é a Administración a que debe garantir os dereitos lingüísticos dos administrados, tanto no caso de empregaren o galego coma o castelán. Por iso, a Administración debe arbitrar mecanismos que lle permitan comprobar a capacidade do aspirante para atender a cidadanía en calquera das dúas linguas.
Parece incrible que vinte e cinco anos despois de aprobarse a Lei de normalización lingüística, o feito de que se poña un dos exercicios das probas de acceso en galego sexa motivo de polémica. Un empregado público que terá a obriga de dirixirse de xeito oral ou escrito aos cidadáns en calquera das dúas linguas oficiais, suponse que non debería ter problema para facer un exercicio de contidos e coñecementos nunha lingua ou noutra.
4.- Por todos os motivos expostos, desde CC OO consideramos que a modificación do artigo 35 presentada non é necesaria nin oportuna e pedimos e esiximos a súa retirada.
 
 
 
Para máis información:
Ramiro Otero Rodríguez: 629 731 877
Machús Fernández García: 650 617 769
 
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2009
 
GABINETE DE COMUNICACIÓN
Horario: luns a venres, 9:30-14 h e 16:30-19 h
686 469 993 / 981 551 867 | xuz@galicia.ccoo.es
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies