Nota informativa CCOO

Tras non ter ningunha nova acerca da multitude de temas pendentes relacionados coas escalas de Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais, CCOO decidiu manter unha serie solicitudes de reunión cos diferentes responsables do estancamento e parálise que están a sufrir estes traballadores.

Tras lograr manter os primeiros contactos con Función Pública, podemos informar dos seguintes aspectos:

  • 2ª convocatoria de integración no grupo C1. Tras máis de 11 meses dende a convocatoria do proceso e de transcorrer 7 meses e medio dende a publicación das listas de admitidos definitiva, por fin (e esperemos que desta vez sexa a definitiva), están a piques de anunciar as datas aproximadas do exame, que polo que nos dixeron haberá de ser aló pola 2ª quincena de outubro ou primeira de novembro. Este dato hano de publicar no taboleiro de anuncios de Función Pública dentro deste mes.
  • A modificación da Lei 2/2000 no senso de permitir que o 100% dos Axentes Forestais se poidan presentar a un proceso de integración da escala de Axentes Facultativos Medioambientais vai por bo camiño, tendo a intención de que se leve a cabo dentro deste ano.
  • A cobertura de vacantes, aínda que agora ten un ámbito provincial, e polo tanto deben ser solicitadas dende as propias Xefaturas Territoriais, CCOO reclamou a cobertura de súa totalidade e o mantemento dunha taxa de reposición do 100% dos efectivos atendendo a alarmante escaseza de persoal e ámbalas dúas áreas de traballo destas escalas (Conservación da Natureza e Montes e Incendios Forestais) e a conxelación do cadro de persoal dende hai máis de 30 anos.
  • A colación deste tema solicitamos empezar a falar dunha futura ampliación de plantilla.

A máis disto, e tras a resposta da Consellería do Medio Rural sobre o desmantelamento das BIIFs, menosprezando o traballo realizado nestes últimos 8 anos e apostando por desviar as funcións propias do colectivo de Axentes Forestais e Medioambientais cara a corpos estatais, eludindo as competencias transferidas e funcións propias da Xunta de Galicia e da mesma Consellería, e ante o mantemento como Xefe do Distrito XII Miño-Arnoia, dun furtivo que ameazou ós compañeiros cunha arma de fogo, CCOO solicitou o cese inmediato do Director Xeral de Montes (Tomás Fernández-Couto Juanas) e, por suposto, do propio Xefe de Distrito XII (José Olivier Reboredo Campos).

{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}

{jcomments on}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies