Medio Rural volve ás andadas, coma antes outros fixeron

De novo, e como se tódolos que pasan pola Dirección Xeral de Montes fosen iguais, volven a tratar ós Axentes Forestais e Medioambientais coma se fósemos un fato de ovellas.

Tras máis de catro meses sabendo de que o esgotamento do período extraordinario de gardas de 12 horas tiña data fixada a 30 de setembro, e logo de non ter a máis mínima decencia para con este colectivo ó non se lembrar deste nin doutros asuntos, e como debían contar con que a estas datas o tempo fose tan benigno como en meses pasados, agora, co clima seco e nordés, pretenden de xeito ditatorial, sen ter en conta en absoluto os dereitos, as necesidades, a conciliación da vida laboral e familiar e a representación dos traballadores, impoñer unha extensión do período extraordinario de gardas de 12 horas non contemplada na lexislación, na normativa, nos acordos e en ningún sitio e aínda por riba sen definición no tempo supoñendo que estará activo “ata que chova”, volvendo a activalo cando deixe de facelo, tomando por parvos ós traballadores do colectivo de Axentes Forestais e Medioambientais como xa fixeron en innumerables ocasións, coma se fosen escravos permanentes da falla de previsión, da escaseza de educación e da dirección do vento.

Dende CCOO esiximos unha reunión de carácter urxente para atallar este abuso, tendo en conta que de tódolos xeitos xa se está tratando en asesoría xurídica para tomar a vía xudicial ante tanto atropelo.

Aconsellamos ós traballadores afectados que pidan esta orde por escrito pois é a única fórmula dende a que posteriormente se podería pedir as compensacións e responsabilidades que se poidan derivar desta decisión unilateral, pois xa hai quen di que co da crise “se cadra non teñen nin para pagar as gardas que xa nos deben como para non crer en que esta imposición pretendan, inda por riba, que sexa pola cara”.

Sección Sindical de CCOO – CONSELLERÍA MEDIO RURAL  29-09-09

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies