Nota informativa da Plataforma Sindical (10-07-08)
 
 

Plataforma Sindical de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia

REUNIÓN NEGOCIACIÓN SINDICATOS – CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

 

O día 10 de xullo tivo lugar unha nova reunión entre a Consellería de Medio Rural e as organizacións sindicais que forman parte desta Plataforma, é dicir CCOO, CSIF e UGT. Tamén asistiu a CIG.

 

Nesta ocasión os representantes de Medio Rural viñeron ofrecendo o mesmo que na anterior e contando como única novidade cales poderían ser os conceptos nos que repartir a subida ofrecida en principio como un 3,5 – 4 % da masa salarial.

 

Así, a oferta quédase en: subida de niveis ós 23 postos de inspectores provinciais e subinspectores de Distrito e que conformarían a nova estructura, a subida ó nivel 16 ós axentes de nivel 14 e o resto a repartir en distintas porcentaxes entre complemento específico e productividade.

 

A Plataforma sindical rexeitou a oferta como xa fixera na anterior reunión por considerala escasa, inconcreta e rebaixar o plantel de persoal para a creación de prazas para a nova estructura, e insistimos nas demandas feitas o día 1 de xullo que son:

 

  • Nivel mínimo 18
  • Aumento de complemento específico e de productividade ata acadar unha suba do 10 % da masa salarial
  • Aumento de plantilla
  • Curso habilitante de grupo C inmediato e convocatoria do seguinte proceso de integración

 

Por outra banda a Cig manifestou estar de acordo coa nova estructura e levantouse da mesa.

 
Os vindeiros días 15 e 16 en Silleda daremos cumpridas explicacións das reunións mantidas ata agora e decidirase a liña a seguir con referencia ás propostas feitas por Medio Rural e coa actitude de non dar sinais de vida por parte da Consellería de Medio Ambiente.{jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies