Nota informativa sindical 17-02-11

Os delegados sindicais de CCOO que representan ós Axentes Forestais e Medoambientais, lograron que a Administración aclarase aspectos que afectan a estas dúas escalas, así como impulsaron a convocatoria da Mesa de Negociación para este ámbito e que leva máis dun ano sen ser convocada. Os puntos tratados foron os seguintes:

  • Toma de posesión das prazas de Axente Facultativo Medioambiental: CCOO felicita a tódolos que participaron no 2º proceso de integración da Escala de Axentes Forestais á Escala de Axentes Facultativos Medioambientais, dándose así un novo paso na histórica reivindicación de reencadre no grupo superior (hai máis de 25 anos) e tras máis de 10 anos de publicarse a Lei 2/2000 de creación desta Escala. Estaremos presionando para que se convoquen o resto de procesos ata que o 100% dos Axentes Forestais poidan ter, alomenos, unha oportunidade de promocionar ó grupo superior. Tras as consultas mantidas con Función Pública aclararon que a resolución deste proceso remata (despois do exame de galego ós que non teñan o Celga 4 ou equivalente e que será o vindeiro día 1 de marzo ás 16:00 na sala E da Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza en San Caetano-Santiago de Compostela) coa toma de posesión no novo grupo (Axente Facultativo Medioambiental) na praza de destino definitiva, o que quere dicir que todos aqueles que agora mesmo estean ocupando outra praza en comisión de destino terá que regresar á súa definitiva, e o interino que estivera ocupando esta última terá que irse á rúa, e ó mesmo tempo reduciranse as Comisións de destino a casos anecdóticos e publicitados. Esta situación provocará que a un paso de entrar en época de máximo risco de lumes se bote á rúa un bo lote de recursos humanos con coñecementos e experiencia, pero a situación dende Función Pública é inamovible. Só queda que interveña a Consellería do Medio Rural na procura dunha solución a esta situación.
  • Convocatoria da Mesa de Negociación. Solicitamos a reapertura da mesma para tentar chegar a algún tipo de acordo antes de que comence o verán a poder ser, e no que se poderían tratar diversos aspectos que están pendentes e que afectan ó desenvolvemento das tarefas diarias do colectivo de Axentes Forestais e Medioambientais como son a posible publicación dunha nova regulación de identificacións e uniformidade (da que en breve repoñerán no Servizo de Conservación), a regulación do parque móbil, as adscricións a tarefas distintas ás do servizo de pertenza (Axentes de Conservación a incendios e viceversa), a definición dos grupos de investigación de incendios forestais, as avaliacións de riscos laborais empezando polas avaliacións dos postos, dos riscos psicosociais e da exposición ás ondas electromagnéticas e o establecemento das correspondentes medidas preventivas e correctoras. Todo isto tendo en conta que nesta negociación será imperativo sacar adiante unha renovación do Acordo das condicións de traballo destes colectivos e o Regulamento da escala de Axentes Facultativos Medioambientais.

CCOO presentou ante o Ministerio de Interior documentos de impulso á Lei Básica (Estatal) de Coordinación de Axentes Forestais/Medioambientais e alegacións á modificación do Regulamento de Armas. Tamén nos presentamos como parte na causa aberta polos falecidos no lume de Fornelos de Montes e do que resultou imputado o Xefe da Brigada e un Axente Forestal. Se queredes máis información sobre estes temas non tedes máis que chamar ós enlaces provinciais.

 

{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies