Nota informativa sobre concurso de traslados

 

 
O 10 de decembro houbo a 1ª reunión para tratar sobre a próxima convocatoria de concurso de traslados para os corpos de Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais e na que CCOO presentou as seguintes alegacións:
 
  • Por un lado as incorreccións atopadas no documento.
  • Por outra banda, no tocante á fase de resultas solicitamos que non so se poida solicitar unha localidade pois non é o mesmo caso que en corpos xerais xa que a atomización da distribución das prazas por toda Galicia fai que nunha localidade se concentren moi poucos postos en RPT, e polo tanto é menor a posibilidade de optar ás prazas que resulten vacantes da resolución do concurso. Unha solución podería ser a apertura neste apartado dun aumento das localidades a solicitar ata un número de tres, ou cando menos a posibilidade de abrir o ámbito territorial da localidade ó Distrito, ou comarca e limítrofes.

  • Na valoración de cursos propoñemos que se teñan en conta os relacionados coa categoría e co ámbito de actuación das escalas de Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais e en concreto coas áreas de conservación da natureza, espazos protexidos, tomas de mostras, aproveitamento dos recursos naturais, forestais, cinexéticos e piscícolas de augas continentais, montes, pragas forestais e os relacionados cos incendios forestais, así como aplicacións técnicas sobre manexo de GPS e sistemas de información xeográfica: Arcview, OziExplorer, ou similares.
  • Que se bareme a pertenza a determinados grupos seguindo a liña doutros concursos e que neste borrador non aparece.

O resultado da reunión foi, aparte de revisar o texto do borrador da orde, e da que se volverá a ter unha nova reunión para ultimar a mesma e vistas as alegacións presentadas, o seguinte:

 
  • O concurso de traslados para Axentes Forestais e Medioambientais queda á espera de que se modifique a RPT de Medio Ambiente, pois hai prazas que “se eliminan e outras que cambian de localidade (sic)”. A isto CCOO tamén lles expuxo que tampouco estaban actualizadas na RPT as partes de complemento específico e grupo.
  • Os cursos impartidos pola Consellería do Medio Rural en Monforte non serán puntuados ó non estar organizados e impartidos directamente pola EGAP, Fegas, AGASP, INAP, escolas oficiais de formación das restantes CC.AA., Universidades, INEM, Dirección Xeral de Formación Ocupacional da Consellería de Traballo ou mediante cursos de formación continua do AFCAP (Acordo de Formación Continua das Administracións Públicas). Tampouco se valorará o curso habilitante ó grupo C.
CCOO tamén preguntou se tiñan en conta ós afectados polas disposicións transitorias 16ª da Lei 13/2007 de F.P. e 14ª do Dto Lexislativo 1/2008, así como os casos dos Axentes afectados pola antiga Lei de F.P. e que pasan a ser persoal laboral, respondéndonos que si o tiveran en conta.
11 de decembro de 2008
 
 
ACCIÓN SINDICAL SECTOR ADMÓN. AUTONÓMICA de CCOO de Galicia{jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies