Nota sobre o concurso de traslados
A Dirección Xeral de Función Pública non sabe, non se entera ou non se aclara ?
A Dirección Xeral de Función Pública convoca ás OOSS co gallo de que lle axudemos a solucionar un problema: non teñen suficientes prazas para ofertar en posesión definitiva aos/as axentes forestais. E dende a CIG, preguntamos:
¿Onde están as prazas convocadas na oposición?
¿Cómo aparecen na Oferta de Emprego Público do 2009 vinte novas prazas para axentes facultativos medioambientais cando ainda estamos sen rematar outros procesos de axentes forestais e facultativos medioambientais (concurso, promoción e toma posesión definitiva) e cando din que non teñen prazas suficientes para ofertar?
Continuamos á espera da “resposta de Función Pública” , xa que ó parecer Medio Rural está desaparecido ou non quere saber nada.
Dende a CIG, reprobamos as tomas de posesión provisionais, as chapuzas e arranxos que tanto se dan nestas escalas e continuamos a esixir un concurso de traslados anual no que saibamos a data de comezo e resolución de antemán, asi como a creazón de prazas, demanda histórica deste colectivo e presentamos ante Función Pública unha proposta xustificada coas necesidades que existe a día de hoxe no noso colectivo. Convocando cada ano as prazas necesarias no conseguinte proceso selectivo.
Coma sempre, os afectados da incompetencia da administración pública galega: os traballadores e traballadoras.
{xtypo_feed}CIG{/xtypo_feed}