Nota sobre o Regulamento do Grupo C
Como todos saberedes, a brevedade (iso esperamos) do paso ó grupo “C” fai necesaria a intervención das forzas sindicais e asociacións na elaboración de borradores de regulamentos e acordos horarios.
Desde fai uns días anda circulando un borrador dun regulamento cuxa autoria é da Plataforma Sindical, da que forman parte os Sindicatos C.C.O.O., U.X.T e C.S.I.F.
Como Asociación temo-la obriga de darlle publicidade para que todo o mundo reciba o contido do borrador e opine.
Pero o que non temos é a obriga de compartir ese contido.
Por esta razón APRAFOGA leva tempo elaborando un borrador dun regulamento, que antes de que se lle dé a coñecer a Administración terá un periodo de alegacións e participacións por parte de quen o queira facer.
Un saúdo.
O Presidente de APRAFOGA.-