APRAFOGA fai un chamamento ao colectivo dos Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia para que asista ás asembleas informativas convocadas polas centrais sindicais que terán lugar en tódolos Distritos Ambientais.

1 de novembro de 2014. No borrador do anteproxecto de Lei de emprego público de Galicia derrógase a Lei 2/2000 que creou a Escala de Axentes Facultativos Medioambientais e pretende rebaixar a titulación de acceso requerida na actualidade a esta escala para non encadrala no novo grupo B. Isto supón tirar por terra tódolos esforzos que fixo o colectivo en formación e oposición para a integración da escala de Axentes Forestais na Escala de Axentes Facultativos Medioambientais.

APRAFOGA presentou, ata en dúas ocasións perante Función Pública, alegacións aos diferentes borradores do anteproxecto de Lei, pero que non foron atendidas a pesares da súa extensa fundamentación xurídica. As consecuencias para o colectivo, de aprobarse a Lei tal e como está redactada no actual borrador, son varias e moi negativas, e todas elas serán expostas polo miudo polos representantes do colectivo nas asembleas informativas. Compre a asistencia dos integrantes deste colectivo para que, unha vez informado das circunstancias e das consecuencias, se tomen decisións das medidas a tomar. No documento de convocatoria adxunto constan as horas e datas para cadanseu Distrito.

CONVOCATORIA ASAMBLEAS

 

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies