O expediente ao traballador do couto de Ximonde está en período de tramitación

 

A Asociación Profesional de Axentes Forestais de Galicia (Aprafoga) emitiu un comunicado con respecto ao caso da captura e tenencia ilegal de dous salmóns do río Ulla. En canto á actuación dos axentes medioambientais destacaron que “os compañeiros fixeron o que debían facer: formular a correspondente denuncia e emitir un informe detallado, no que por suposto, non se ocultou a alusión ao irmán do axente”.

 

E é que o peón que traballaba no couto de Ximonde e que supostamente foi quen substraeu os exemplares, é irmán dun dos axentes que o denunciou. En canto ao expediente sancionador “o asunto está en tramitación, sen que exista pronunciamento algún ao aspecto”, explican dende a agrupación profesional.

Aprafoga di que reservará a súa valoración ata que “exista resolución administrativa que considere os feitos constitutivos de infracción, se é que existe. Ata entón, a presunción de inocencia obriga a gardar un respectuoso silencio sobre a identidade da persoa supostamente involucrada para evitar pena de banco”, engaden. Finalmente, dende a asociación amosaron o seu “apoio aos catro compañeiros que denunciaron os feitos” e en especial ao irmán do peón do centro de Ximonde. Así mesmo, cualificaron de “exemplar” a actuación deste axente medioambiental.

 

{xtypo_feed}A Folla Parroquial 09-10-09{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies