O goberno recoñece que os vehículos dos Axentes forestais son vehículos policiais
Desde a Coordinadora Estatal de Axentes Forestais da UXT infórmannos que o Goberno do Estado iniciou a tramitación dun Proxecto de Orde Ministerial de modificación dos Anexos correspondentes do Regulamento Xeral de Vehículos, para aclarar que os vehículos oficiais dos Axentes Forestais e Ambientais deberán utilizar o sinal V-1 “Vehículo prioritario” de cor azul.
A tramitación de dita Orde levará un prazo duns 4 ou 5 meses, segundo informan desde o Ministerio do Interior.
Ata que se aprobe a modificación normativa citada, vaise a utilizar un criterio interpretativo amplo para que os vehículos oficiais dos Axentes Forestais e Ambientais, debidamente autorizados pola Dirección Xeral de Tráfico, continúen utilizando o sinal V-1 “Vehículo prioritario” de cor azul. A tal fin, a Secretaría Xeral Técnica do Ministerio do Interior elaborou un informe do que destacamos o último parágrafo:
“…Por iso, mentres se aproba esta nova normativa, debe realizarse unha interpretación ampla da referida Orde, no sentido de considerar que os vehículos que tradicionalmente veñen empregando os dispositivos luminosos de cor azul, así como os que foron expresamente autorizados pola DXT, adecúanse ao previsto na vixente normativa, e non deberían ser obxecto de sanción por iso…”
{xtypo_feed}Documento{/xtypo_feed}