O risco de praga obriga a talar árbores en 4.000 fincas

A Xunta realizará as cortas para previr o nemátodo do piñeiro nas parcelas cuxos donos non pidan o permiso antes de marzo

Nemátodo do piñeiro

O Goberno galego aprobou onte un decreto que o faculta para talar as árbores que non corten os propietarios de 4.000 parcelas dos concellos pontevedreses das Neves e Salvaterra do Miño que están na zona preventiva de 300 hectáreas que delimitou Medio Rural para evitar que o primeiro brote detectado en Galicia do nemátodo do piñeiro se convirta nunha praga.

A consellería declarou oficialmente en novembro a presenza en territorio galego do verme que seca os piñeiros, ao detectar nun exemplar das Neves o nemátodo que está presente en Portugal desde 1999.

O decreto, que establece un sistema compensatorio para os propietarios afectados, fixa o 28 de febreiro como data para o inicio das accións que acometerá Medio Rural para erradicar a posibilidade de expansión do brote en todas as especies susceptibles de ser afectadas. Segundo explicou onte Feijoo, a Xunta realizará as talas naquelas parcelas nas que os seus propietarios non solicitasen permiso de corta antes do prazo marcado. Se os donos asumen as talas, a Xunta ocuparase de limpar os restos da zona e do tratamento da base do tronco. No caso de que os donos non soliciten o permiso ou non realicen a tala dentro do prazo establecido, a Xunta procederá á súa erradicación e abonará aos titulares desas fincas o valor da madeira, descontado o custo da corta. Nos dous casos, a Administración encargarase de restaurar a zona e reparar pistas afectadas.

{xtypo_feed}A Voz{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies